 |
|
Programa Concilia.
 |
 |
 |
 |
| Novas do Pereiro de Aguiar |
| |
 |
| |
|
|
OBRADOIROS DE SEMANA SANTA NA BIBLIOTECA |
27-03-2012 |
|
Os días 2,3 e 4 de abril na Biblioteca Pública de 17.00 a 18.30 horas, organizamos para nenos e nenas de mais de catro anos obradoiros relacionados coa primavera.
Faremos diferentes manualidades, sementaremos plantas ou flores e faremos un rastrexo polo pobo que nos axude a descubrir mais polo miúdo esta estación do ano.
Se queres inscribirte na actividade ou mais información tes que chamar ao teléfono da Biblioteca 988.25.98.39, ou ben a través do correo electrónico cultura@concellopereiro.com.
|
Cultura |
|
|
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL |
02-04-2012 |
|
Como cada ano desde 1967, o día 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro
Infantil, un día que ademais de servir para facer chegar a paixón polos libros aos
mais cativos, conmemórase o nacemento do popular escritor danés Hans Christian
Andersen.
Desde a Biblioteca Municipal do concello do Pereiro de Aguiar, propomos un concurso
para os cativos da casa: "Debuxo para un conto".
O conto escollido para o concurso e "O soldadiño de chumbo", de Andersen. Os
participantes deberán facer un debuxo relacionado con esta historia tan coñecida.
Poderán participar os nenos e as nenas menores de doce anos. Os debuxos deberán
presentarse antes do 30 de marzo, preferentemente na Biblioteca Municipal e no caso
de non poder achegarse ata a biblioteca, poderedes envialos escaneados a través
do e-mail cultura@concellopereiro.com; e poderán empregar calquera técnica para
a súa elaboración: rotuladores, lápices de cores, pintura de dedos, … Valorarase a
creatividade, a orixinalidade e a imaxinación dos cativos. Durante os días 2-3 e 4 de
abril estarán todos os traballos expostos na biblioteca para que os usuarios da mesma,
durante estes días, poidan votar polo seu favorito. O luns 9 de abril daremos a coñecer
o gañador ou gañadora deste concurso que será agasallado cun lote de libros infantís.
Tedes toda a información sobre este concurso, o conto de "O soldadiño de chumbo" e
máis detalles sobre esta actividade no blog: bibliopereiro.wordpress.com e na páxina
de facebook da OMIX.
|
Ocio |
|
|
Actividades área de cultura e educación |
21-03-2012 |
|
Nos meses de marzo e abril, dende o Concello do Pereiro de Aguiar ofértanse dúas actividades
realizadas dende ás áreas de Cultura e Educación en colaboración coa Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, ademais do curso preparatorio para a obtención do
Certificado de Lingua Galega Nivel 3, que xa se está a impartir.
Por unha parte o venres 30 de marzo no CEIP Ben-Cho-Shey, terá lugar a actividade "Galego
de Cine" destinada aos nenos/as do municipio de idades comprendidas entre 6 e 12 anos.
Esta actividade pretende que os participantes teñan unha experiencia audiovisual no cine
mais pequeno do mundo a través do galego, para elo haberá un visionado dun filme e
posteriormente un obradoiro. As prazas desta actividade son limitadas e cubriranse por estrita
orde de inscrición.
Por outra banda, o 3 de abril e dentro da campaña "Achégate ao sistema universitario de
Galicia" , na Praza do Concello estacionarase unha oficina móbil dirixida aos estudantes
que pretenden acceder a universidade e que informará a todos os interesados sobre o
funcionamento das universidades galegas, probas de acceso, ofertas de , bolsas, novos plans
de estudos de grao, axudas e premios e calquera outro tema relacionado.
Para ver os bandos correspondentes abride o seguinte enlace. Ler mais.
Mais información e inscricións no teléfono 988.25.98.39, de 9.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30.
>> Ver documento » Ler máis
|
Ocio |
|
|
OBRADOIROS DE ENTROIDO PARA OS CATIVOS DO CONCELLO |
25-01-2012 |
|
Este ano, o concello do Pereiro de Aguiar, organiza, coa chegada da festa do Entroido, obradoiros para os cativos na Biblioteca Municipal. Poderán participar no mesmo os nenos e nenas maiores de catro anos que queiran pasar unha tarde divertida entre material de refugallo para elaborar un traxe moi divertido e os seus propios bonecos de comadres e compadres.
Os obradoiros levaranse a cabo durante a semana do 13 ao 17 de febreiro, en horario de 18.00h a 19.00h na Biblioteca Municipal. Os interesados en participar deberán anotarse a través do teléfono 988259839 (en horario de 9.00h a 14.30h ou de tarde, de 16.00h a 20.30h) ou ben na mesma biblioteca, no mesmo horario. Para calquera dúbida, tamén vos podedes por en contacto con nós a través do e-mail cultura@concellopereiro.com. » Ler máis
|
Ocio
|
|
|
ENTROIDO 2012 NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR |
25-01-2012 |
|
O vindeiro sábado dezaoito de febreiro celebrarase a partir das 16:30 horas no Pavillón Municipal do Pereiro de Aguiar a, xa tradicional, Festa de Entroido.
Este ano volverá a tratarse dunha festa temática, debido o gran éxito e boa acollida que tiveron os dous últimos entroidos e que estiveron dedicados aos anos setenta e ao oeste. Desta vez, todo xirará en torno ás "PERSONAXES DE BANDA DESEÑADA", a decoración, a música, os xogos, …, e como non podía ser doutro xeito, todos iremos con disfraces vinculados a esta temática, polo que o pavillón se encherá de personaxes dos cómics preferidos dos cativos e maiores.
Elixiremos as dúas mellores comparsas e os dous mellores disfraces individuais para entregarlle premios en metálico, douscentos euros e cento cincuenta euros para primeiro e segundo premio das comparsas, respectivamente, e cincuenta euros para os mellores vestidos individuais, ademais de pequenos agasallos para os disfraces máis orixinais e divertidos.
Non faltarán os inchables para os cativos e xogos populares para toda a familia, como as sillas musicais, o limbo, os globos, o turra-soga … entre outros xogos cooperativos.
Ademais contaremos coa presenza das alumnas e alumnos do curso de bailes latinos 2011-2012, organizado polo concello, que amenizarán a festa cunha exhibición de baile latino, no que demostrarán o que aprenderon estes meses sobre a salsa, a bachata e o merengue, guiadas polo profesor de baile Fernando Alonso.
» Ler máis
|
Ocio |
|
|
|
|
|
|  |
|
|