“A última viaxe do afiador”

O 11 de setembro proxectarase “A última viaxe do afiador” no salón de actos do centro de día dos Gozos

O ciclo de Cinema de Verán ten programado para o próximo día 11, ás 21,00 horas, no salón de actos do centro de día dos Gozos, a proxección do filme documental “A última viaxe do afiador”, do cineasta ourensán Aitor Rei, que foi finalista na duodécima edición dos premios Mestre Mateo como mellor documental, e que ten acadado notable éxito de público e crítica dende a sua estrea no festival das Artes Escénicas de Riós en 2013. Tivo tamén favorable acollida nos festivais nacionais e internacionais nos que estivo presente. A entrada será libre e gratuita.

“A última viaxe do Afiador” relata a vida dos vellos afiadores que saían un día da sua casa detrás da roda para ir polo mundo adiante para tratar de gañarse a vida. Segundo o director e productor do traballo, Aitor Rei, a película tardou tres anos en ver a luz, despois de gravar entrevistas cosa fiadores de mais idade de Nogueira de Ramuín, San Xoán de Río e outros municipios de Ourense, ademais de Burgos, Palencia e La Habana. Asimesmo, a peza contou coa axuda de Florencio de Arboiro, escultor e propietario da colección mais importante de rodas de afiar, e cun dos protagonistas, o afiador Armando, de San xoán de Río.

O resultado foi un excelente traballo, que reflexa con claridade e fidelidade cómo era a vida de aquelas xentes e o entorno no que se movían e que os cidadáns maiores do Pereiro lembrarán perfectamente, pois das suas terras tamén sairon veciños polo mundo adiante buscando o pan.