Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a aula “Concilia verán 2017”

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a aula “Concilia verán 2017”

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: do 25 de maio ao 7 de xuño.
Publicación das listas de admitidos (por orde de inscrición): 13 xuño, no blog da aula e na páxina web do conello.
Prazo de subsanación de erros: do 13 ao 15 de xuño.
Publicación das listas definitivas: 16 de xuño.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  • Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  • Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  • Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
    • Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  • No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  • Certificado de empadroamento no concello d@ ne4n@ e dalgún dos proxenitores.
  • Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.

Tfno. de información: 988 25 93 85

SOLICITUDE CONCILIA VERÁN 2017

NOTA ACLARATORIA:

Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 25 de maio ata as 14:30 h. do 7 de xuño de 2017.

Certificados dixitais admitidos

Un certificado dixital é un documento electrónico con funcións equivalentes a un documento oficial de identidade, e que serve para dar validez legal ás transaccións electrónicas que poida realizar calquera interesado.

Para garantir a validez xurídica dos trámites realizados é necesario identificarse mediante algún dos certificados dixitais admitidos nesta Sede electrónica.
Na actualidade é posible acceder con certificados electrónicos dos seguintes provedores de servizos de certificación (este conxunto de certificados encóntrase continuamente baixo ampliación):

  • DNI electrónico (Ministerio do Interior)
  • ACCV (Autoridade certificadora da Generalitat Valenciana)
  • CATCERT (Axencia Catalá de certificación)
  • FNMT- RCM (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre – Real Casa da Moeda)
  • Izenpe (Izenpe S.A, Empresa de certificación e servizos)
  • Camerfirma (Autoridade de certificación das Cámaras de Comercio Españolas)