Actividades 2018-2019

Actividades 2018-2019

Toda a información das actividades e datas comunicaranse a través desta páxina web. Os interesados en recibir información a través de correo electrónico, podedes enviarnos o voso enderezo a [email protected]

Para inscricións ou maior información sobre as actividades, o teléfono da Biblioteca é o 988 259 839 ou 685 528 538.

SERVIZO DE DEPORTES:

As actividades deportivas darán comezo o 17 de Setembro.

Actividades deportivas infantís e xuvenís
FÚTBOL SALA I: 1º, 2º, 3º de primaria. Luns de 16 a 17 h. Actividade Gratuíta. Max. 15 nenas e nenos.
MINIBASKET: Dous grupos. Grupo 1: Luns (1º, 2º e 3º)  de 17 a 18 h., Grupo 2: Mércores e Venres de 17 a 18 h. Actividade Gratuíta. Max. 15 nenas e nenos por grupo. (mínimo de 10).
FÚTBOL SALA II: 4º, 5º, 6º de primaria. Mércores e Venres de 16 a 17 h. Actividade Gratuíta. Max 15 nenas e nenos.
ATLETISMO: Escola deportiva (6 a 14 anos). Martes e Xoves de 16 a 17,30 h. Pago de licenza federativa.
Club Atlético Ben Cho Shei. Martes e Xoves de 17 a 19 h. en Monterrei. Pago de licenza federativa.
BÁDMINTON: Escola deportiva (6 a 14 anos): Martes e Xoves de 16 a 17 h. 10 euros o mes.
Adestramento Club Bádminton Pereiro: Martes e Xoves de 18,30 a 20 h. 15 euros o mes.
XIMNASIA ACROBÁTICA E TRAMPOLÍN: a partir de 6 anos. Pago de licencia federativa máis 20 euros o mes. Martes e Venres de 16 a 17,30 h.
Ademáis establécese unha colaboración co clube de ximnasia rítmica MARUSIA, pero o grupo de adestramento levarase a cabo nas súas instalacións en Ourense. Máis información  no 647 64 66 18 ou na páxina web: www.clubmarusia.com.

Actividades deportivas adultos
XIMNASIA MANTEMENTO ADULTOS: (maiores 18 anos) Luns e Mércores de 19 a 19:50 h. 20 euros ano. Grupo mínimo de 15 persoas. Máximo 40 persoas.
TONIFICACIÓN: Luns e Mércores de 16:30 a 17:30 h. Grupo mínimo 15 personas  20€/mes.
PILATES: (maiores 18 anos). Dous grupos: 1º grupo: Martes de 19 a 20 h. e Xoves de 19 a 20 h.
2º grupo : Martes de 18 a 19 h. e Xoves de 18: a 19 h. 20 euros mes. No caso de que sólo se conformora un grupo este sería no horario do grupo 1.
ZUMBA: (maiores 18 anos). Martes e Xoves 20:30 a 21:30 h. Grupo mínimo 15 personas. 20€/mes.

 

SERVIZO DE CULTURA, TURISMO E MOCIDADE:

Actividades infantís
CONTACONTOS  “Isto non é unha caixa”, dirixido a nenos de 3 a 11 anos. 1 de Outubro. Hora: 18 h. Lugar: Biblioteca Municipal.
OUTRAS ACTUACIÓNS TEATRAIS OU MUSICAIS con carácter puntual que se comunicarán a través da páxina www.concellopereiro.com
REBULINDO NA BIBLIO. Actividades de dinamización e animación á lectura. Dende o mes de Novembro ao de Maio. Prazas limitadas. Inscricións dende setembro. Luns (4-5-6 anos) 18 a 19 h. Mércores (7-8-9) 18 a 19 h.
CONCURSO DE POSTAIS “TERRAS DE AGUIAR”. Dirixido a tódalas idades. Participa coa túa postal na categoría correspondente e poderás gañar un agasallo ou ser a postal elexida para a felicitación municipal do próximo Nadal. Consultar bases na páxina web do concello no mes de Novembro.
IV CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA “O teu conto conta”. Para festexar o Día Internacional do libro infantil o 2 de abril, este concurso está dirixido a fomentar a escritura creativa dos máis pequenos. Dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Consultar bases na páxina web do concello no mes de Marzo.
REBULINDO NA BIBLIO EN SEMANA SANTA. Actividades de dinamización e animación á lectura 15, 16 e 17 de abril. Dirixido a nenos e nenas de 4 a 9 anos. Lugar: Biblioteca Municipal de 18 a 19 h. Prazas limitadas.
FESTA INFANTIL. Actividade gratuíta dirixida a nenos e nenas con animación, inchables e festa da escuma o 31 de Agosto ás 17 h. Lugar: pavillón municipal.

Actividades en familia
VEÑEN OS REIS. Coma cada ano as súas Maxestades visitan dende Oriente o noso concello o día 5 de Xaneiro, a partir das 17:30 h. no salón de actos do concello. Inscrición previa na Biblioteca.
ENTROIDO. Festa do Entroido con animación e inchables,  o sábado 2 de marzo a  partir das 17:00h no pavillón municipal. Participa nas diferentes categorías, co teu mellor disfraz.
DIA DA BICI. Percorrido en bicicleta dende a praza do concello ata o embalse de Cachamuiña, o Domingo 23 de xuño. HORA: Entrega de dorsais na praza do Concello a partir das 10:30 h. Saída 11 h. Obrigatorio uso de casco e menores acompañados dun adulto. Inscrición previa na Biblioteca. Obsequio para todos os participantes.

Actividades para adultos
OBRADOIRO DE MEMORIA. Actividades de estimulación cognitiva para manter e mellorar as capacidades cognitivas. Comezo das clases 1 de Outubro.  Inscrición previa na Biblioteca. Actividade gratuíta.
LUNS    MARTES    MÉRCORES
15:45 h. Calvelle    15:45 h. A Derrasa    15:45 h. Vilariño
17:30 h. O Pereiro    17:30 h. Loñoá    17:30 h. Melias
OBRADOIDO DE MICOLOXÍA. Saída micolóxica pola contorna do concello para recoñecemento de setas. Grupo mínimo de 15 persoas. Lugar: Albergue de Ordelles. Data: 3 Novembro de 10 a 17 h. Custo: 10 €
OBRADOIRO RECICL-ARTE. Reutilización, reducción e reciclaxe de diferentes obxectos de decoración, agasallos, xoguetes, con materiais de refugallo. Prazas limitadas 15 persoas. Inscrición previa na biblioteca. Data: 12-14 decembro ou 19-21 decembro. Horario: 17 a 18:30 h. Custo: 10 €. Lugar: Biblioteca.
CURSO DE PODA E INXERTA. Curso orientado á realización da poda de xeito que se saque un mellor proveito e calidade das árbores froiteiras e inxerta. Grupo mínimo 15 persoas máximo 20. Inscrición previa na biblioteca. Data por concretar mes de febreiro dependendo das condicións meteorolóxicas. Horario: 4 xornadas de 15:30 a 18:30 h. Custo: 15 €. Lugar: Albergue de Ordelles.
DOCES E XEADOS. Elaboración de receitas saudables de postres e xeados con degustación. Grupo mínimo de 15 persoas. Inscrición previa na biblioteca o 1 de Xuño. Horario: 10:30 a 13:30 h. Custo:10 €. Lugar: Albergue de Ordelles
XORNADAS INFORMACIÓN XESTIÓN DA BIOMASA. Xornadas informativas sobre a prevención de incendios e as medidas a adoptar segundo a normativa vixente. Publicaranse as datas a través da páxina web.

 

SERVIZO DE EDUCACIÓN:

PREPARACIÓN PROBAS LIBRES DE ESO. De 16 anos en adiante. Todo o ano.
PREPARACIÓN PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS DE FP. De 16 anos en adiante. Todo o ano.
PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE. As datas dependen da publicación da orde da convocatoria. Aproximadamente a partir de febreiro.
REFORZO ESCOLAR. Dirixido a alumnos de 1ª e 2ª da ESO. Consultar requisitos.
SERVIZO DE ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO a nais/ pais e estudantes relacionado co ámbito educativo.
ORIENTACIÓN PROBAS CELGA.