PADRE FEIJOO
 
 

O Pobo de Casdemiro na parroquia de Sta. María de Melias, viu nacer a un dos polígrafos máis destacados de Galicia e de Europa do seu tempo. Autor dunha obra extensa e renovadora, as súas ideas ilustradas e notablemente avanzadas levarono a ser conselleiro de reis e forxador do espíritu da súa época.

Benito Gerónimo Feijoó e Montenegro naceu en Casdemiro (Pereiro de Aguiar) en 1676. A súa xuventude transcorreu nas terras das ribeiras do Sil, cursando os seus primeiros estudios na ‘Escuela de santidad’ do Mosteiro de San Estebo.

Ós catorce anos transládase ó Mosteiro de Samos, onde é ordeado monxe da Orden Benedictina dous anos máis tarde, á idade de dezaseis anos. Dende ese momento ata os 33 anos pasa a súa vida nos mosteiros de Poio e Lerez, próximos a Pontevedra. Neste último imparte clases a futuros monxes, entre os que se atopa o seu discípulo e igualmente célebre polígrafo Padre Martín Sarmiento. Máis tarde convírtese en doctor en Sagrada Teoloxía na Universidade de Oviedo, cidade na que será nomeado Maestro xeral da Orde de San Bieito e, en dúas ocasións, abade do mosteiro de San Vicente. Sendo xa o seu pensamento un dos máis influintes do estado, ofrécenlle as abadías de Samos e de San Martin de Madrid, así como un obispado en América, posto a súa disposición por Felipe V en persoa, pero sen aceptar ningunha destas propostas.

Feijoó alcanza a categoria de home de estado ó ser nomeado membro do Consello de Castilla, consello real do monarca Felipe VI, quen tamén prohibiu persoalmente os ataques e censuras da Inquisición contra a progresista obra de Feijoó. Desta forma, as opinións do monxe adquiren o valor de ‘palabra do Rey'. O insigne polígrafo e estatista fina no Mosteiro de San Vicente de Oviedo en marzo de 1764, ós oitenta e sete años de idade.

A extensa obra de Feijoó amosa un caracter ilustrado, incluso un tanto precoz e avanzado para o seu tempo, asi como tamén pedagóxico, divulgador, práctico e enciclopedista, abarcando un vasto campo de saber que vai dende a filosofía a menciña, pasando pola economía, ata o dereito e a política.

A sagacidade, lucidez e intuición dos numerosos volúmenes do seu"Theatro Crítico Universal" e as súas"Cartas eruditas y curiosas" valéronlle o reconocemento unánime e a admiración dos seus contemporáneos. Por todo isto, non cabe a menor duda de que o Padre Feijoó foi un preclaro home de avanzado progresismo, forxador do espirito da súa época e precursor da Ilustración de Europa.