IGREXA DE OS GOZOS
 
 
Esta capela é de estilo Barroco e foi construida no século XVII. É unha edificación rectangular, dividida en tres tramos por dous arcos. A sacristía sitúase á cabeceira e comunicase coa nave a través de dúas portas abertas ós costados do altar maior. O primeiro tramo é o maior, respondendo a súa condición de capela maior. A importancia deste tramo, faise notar ó exterior pola súa altura e o ensanchamento da súa planta.
A cuberta é a dúas augas na nave, tres na sacristía e a catro na capilla maior. O exterior é moi severo, pois a lisura dos muros feitos de pedra de sillería regular, so interrumpida polas fiestras cuadradas que dan paso á luz.
A fachada esbelta e arrogante remata nunha espadaña composta por dous corpos rectangulares; o primeiro con dous arcos de medio punto e o segundo cun so arco, estando separados por unhas molduras de diferentes tamaños e coronados por tres pináculos.
Por encima da porta adintelada e guarnecida cunha sencilla moldura crebada nos angulos, asoma un balcón que resguarda un altar flanqueado por unha fiestra no lado da epístola e no do evangelio por unha porta que comunica coa tribuna.
Este conxunto está encuadrado por dúas grandes pilastras lisas e resaltadas da fachada con basas e capiteis moldurados, enriba deles un encablamento e rematando as pilastras agudas e piramidais.
O interior, está completamente revestido de pedra, limitandose o decorado ás pilastras que serven de apoio ós arcos e a os dous pilons de auga que están empotrados na parede á beira das portas.
O retablo feito por Benito Rodríguez Múgica no ano 1696 debeuse perder, pois a colocación das imáxenes non ten a precisión dunha obra desta clase.
Sobre as pedras da igrexa, suben tres tramos que serven de base ó altar, feito no mesmo material. Por enriba e resaltando da parede, vai o camerino no que se aloxa a imaxe da Virxen de Os Gozos, obra de gusto barroco.
Ó redor desta igrexa, celébrase a romería de Os Gozos, festa popular deste Concello.