IGREXA DE COVAS
 
 
Con data de 1.800 preséntasenos esta igrexa de estilo barroco en cruz latina flanqueada por pilastras nos ángulos. A porta está ordeada por baquetóns mixtilíneos igualmente que a fiestra central. Posúe unha espadaña complexa con dous arcos laterais que lle dan un aspecto de torre ó campanario.

O corpo superior ten un só arco e posúe cinco pináculos dos cales falta un. Nos ángulos da fachada o pináculo acaba en bolas abertas que lle confiren unha apariencia vexetal. Tanto a igrexa como a Casa Rectoral, están situadas no punto máis alto de Covas.

A Casa Rectoral data de 1.813, de construcción popular cunha distribución de patio central e balcóns (corredores) ó redor do mesmo. Os seus muros exteriores teñen buratos adintelados e son de boa sillería. Teñen unha gran cheminea con capiteis