IGREXA DE SANTA MARÍA DE MELIAS
 
 
Monumental igrexa barroca que sorprende polas súas enormes dimensións neste medio rural. A fachada é de tres corpos. Ó corpo central ascéndese por unha escalinata perfectamente armonizada co conxunto e que desemboca na porta principal. Esta escalinata está decorada con figuras zoomorfas.
A porta principal, está enmarcada por unha moldura xeométrica que a circunda. Enriba da porta temos unha hornacina, os laterais están decorados con espirais, cunha estatua da Virxen, sobre a que hai unha fiestra rectangular. A parte central rematase cun frontón curvo partido, e cun pináculo central que da empuxe vertical á fachada. Dentro do frontón atópase o reloxo.
Os laterais están sobriamente decorados con motivos xeométricos; so unha fiestra na parte inferior de cada un dos lados, rompe coa armonía do pano.
No lateral esquerdo da fachada álzase a torre do campanario, con tres corpos que disminúen en tamaño según ascendemos. Nos dous primeiros, cuadrados e con vanos en arcada de medio punto en cada un deses lados, temos as campás, e o terceiro remata nunha pequena cúpula.
No interior a nave ten bóveda de cañón e o ábside de crucería, podendo contemplar tres naves sendo a central a máis elevada. Na capela do Carme atopamos un retablo barroco do Século XVIII de gran calidad artística coas imáxes de Nosa Señora do Carme, San Alberto, San Francisco de Sena e as figuras orantes de San Juan de la Cruz e Santa Teresa de Jesús.