A súa portada está apoiada sobre columnas acodilladas sobre as xambas. O tímpano é liso e posúe espadaña con dous corpos; a primera ten dous arcos para as campás á segunda solo un, coroándose cunha pequena estructura piramidal e unha cruz.
No seu interior ten un sepulcro do Século XVI e un artesonado de influencia mudéxar.
No cruce da estrada que vai dende o pobo de Sabadelle ata Tibiás, atopámonos cun Peto que é unha pequena construcción cun relevo, no que se representan ás “ánimas” no purgatorio, no que se poden depositar esmolas.