DEPORTES E PAVILLÓN MUNICIPAL

Fútbol

Ao longo da xeografía deste concello, atopámonos con diversos campos de fútbol nos que se pode practicar este deporte na modalidade de afeccionado, pero centraremos este enlace nos clubes inscritos na Federación Galega de Fútbol, que militan en categorías rexionais e provinciais, comentando a súa historia e logros deportivos máis destacables. Os tres equipos máis representativos son: C.F. Loñoá, S.D Melias e C. At. Vilariño

C. Atl. Vilariño

O club At. Vilariño é un dos clubes ourensáns con máis antigüidade e arraigo no fútbol ourensán.

Fundouse no ano 1945 sendo presidente D. José Ramos Ramos e secretario D. Ricardo Valcárcel Cerdeiro. O número de socios fundacionais cos que partiu este equipo daquela é de 89 e a cota mensual que debían aboar 2 pesetas.

A equipación sufriu varios cambios ao longo da súa historia, comezando por unha cor verde e branca na súa camiseta e pantalón negro.

O primeiro dos partidos que disputa é contra os seus veciños de Melias, rematando co resultado dun gol a cero, favorable aos da parroquia de Sta. Cristina.

No ano 1946 inaugurouse o seu propio estadio, denominado “estadio do Medo”, cunhas medidas que daquela eran de 72 m de longo por 33 m de ancho sendo a madriña dona Carmen Nespereira e o partido inaugural disputárono os equipos de Melias e Vilariño, sendo o resultado 2-2.

Nos anos 1949-50 a súa uniformidade sufriu a primeira das modificacións, pasando a ser camiseta azul cunha raia horizontal amarela e pantalón azul, imitando á do equipo de Boca Juniors arxentino, agasallo dun dos seus socios.

No ano 1953 sufriu a súa vestimenta a segunda modificación, pasando a ser, camiseta azul e granate e pantalón azul, manténdose con estas cores ata 1956 onde definitivamente quedan instauradas as súas cores camiseta vermella e pantalón azul.

Durante esta época para poder disputar os seus partidos debían aboar a cantidade de 519,50 pesetas aos donos dos terreos onde se atopaba o campo do Medo ,posto que disfrutaban del en réxime de aluguer.

No ano 1959 prodúcese a ampliación do terreo de xogo pasando a 80 metros de longo e 40 m de ancho e posteriormente, en 1961, procédese á compra definitiva do terreo de xogo no prezo de 11.626 pts. aos 17 donos aos que pertencían os terreos.

Nos anos 1969-70 celebra as súas vodas de prata e comeza a disputar encontros oficiais. Acudían a formar parte das súas filas por entón insignes xogadores da provincia que marcaron unha época no deporte futbolístico da cidade, quedando clasificados en terceiro lugar no torneo de Liga e subcampións da denominada por entón, “Copa Orense”.

Nos anos 1970-71 procédese a unha nova ampliación do estadio, co fin de adecuar as súas medidas ás regulamentarias e poder disputar así encontros oficiais, pasando a medir 90 m de longo por 48m de ancho, acadando neste ano o campionato de liga de xuvenís.

Na tempada 1977-78 o Club At. Vilariño queda campión da Liga Local.

Nos anos 1979-80 procédese á derradeira ampliación do Estadio, pasando ás actuais medidas de 94 m de longo por 55 m de ancho, acondicionando os vestiarios e dotándoo de aparcadoiro á entrada.

Nos anos 1984-85 ascende a Segunda Rexional permanecendo na mesma durante unha década.

Anos 1994-95 cumpre as súas vodas de ouro, conseguindo ser un dos clubes máis antigos da provincia.

Nos anos 1998-99 acada o seu ascenso á máxima categoría provincial, (1ª rexional) militando na mesma ata o día de hoxe.

No ano 2003 inaugúranse as gradarías do campo do Medo, froito do investimento do Concello do Pereiro de Aguiar, conseguindo mellorar a instalación e axudar ao confort dos seareiros.

Sen ter un palmarés grande en triunfos deportivos pero si grande en experiencia, podemos dicir que este histórico que conta actualmente con 256 socios mantén vivo o espírito futbolístico, ano tras ano, dos seareiros do deporte rei neste lugar.

DEPORTES

Últimas Noticias de Deportes

Aquí aparecerá o listado das noticias referentes a esta sección:

<!-- no widget title -->
  • Cachibol

    CACHIBOL + RISAPLÜS Actividade Gratuíta Calvelle  ·  7 NOV A Derrasa  ·  14 NOV Loñoá  ·  21 NOV Melias  · … ver… 

  • Actividades 2018-2019

    Toda a información das actividades e datas comunicaranse a través desta páxina web. Os interesados en recibir información a través… ver… 

  • XI DÍA DA BICI 24 DE XUÑO

    Percorrido: Praza do Concello- Encoro de Cachamuiña e Regreso Saída: 11:00h Inscrición: ata o 21 de Xuño na Biblioteca Destinarios:… ver…