AULA CONCILIA

Horario

Durante o curso escolar:
Mañás : de 07:30 h. ata o inicio das clases.
Tardes: dende o remate das clases ata as 20:00 h.
Vacacións (Verán, Nadal, Semana Santa, Entroido e pontes):
Continuado de 07:30 h. a 14:30 h.

Información: 988 259 385 / 633 120 494 – Aula Concilia: 677 838 878

Se tes algunha consulta relativa a esta sección, non dubides en chamar.

www.piratasdaauladabaixo.blogspot.com.es

Enlace ó blogue da aula.

SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR  “AULA CONCILIA”:

A conciliación da vida familiar, persoal e laboral é unha cuestión de homes, mulleres, empresas e institucións. É unha responsabilidade global da sociedade.

O ámbito ao que se dirixen as actividades abrangue o entorno familiar na súa totalidade, e ao mesmo tempo quérese fomentar que as mesmas contribúan a diminuír a asignación tradicional de roles e identidades de xénero que , no noso concello  permanecen, aínda hoxe, arraigadas.

Organizamos o servizo tendo en conta diversos factores:

Por unha banda a incorporación das mulleres ao mercado de traballo fixo que se manifestara  a necesidade  de crear un Servizo de Conciliación Municipal que servira de regulador no conflito entre traballo e familia, polo que no ano  2008 comezamos  cun grupo de dez [email protected] e dous profesionais, e na actualidade supéranse os oitenta [email protected] e cinco profesionais .

Por outra, a evolución dos diferentes tipos de familias que existen no noso concello fíxonos entender que este ía ser un servizo cun peso fundamental. Atendemos un número significativo de familias monoparentais cunhas necesidades específicas de conciliación moi concretas.

As actividades que se levan a cabo dentro teñen como usuarios as familias empadroadas dentro do municipio, e están organizadas do seguinte xeito:

LUGAR: Aula de abaixo do CEIP “Ben-cho-shey”

 

REQUISITOS:

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
  • Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  1. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  1. Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@ (os non empadroados matriculados no CEIP Ben-cho-shey poderán facer uso das prazas que, no seu caso, quedaran vacantes).
  2. Fotografía de carné d@ menor  ([email protected] de 4º de infantil).

AULA CONCILIA

Últimas Noticias da Aula Concilia

Aquí aparecerá o listado das noticias referentes a esta sección: