AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

Horario

O horario de atención ao público é de luns a venres de 9.00 a 14.30h.

988 259 385 – Ext. 18

Para calquera consulta non dubiden en chamarnos a este teléfono.

[email protected]

A través deste email recibiremos as vosas dúbidas e consultas relativas a esta área.

A Axencia de Desenvolvemento Local do  Pereiro de Aguiar é un instrumento para a execución das accións de promoción económica, emprego, cooperación empresarial e fomento do espírito emprendedor no ámbito local.

OBXECTIVOS:
• Asesorar aos/ás emprendedores/as locais e ás empresas, sobre a súa constitución, liñas de financiamento, subvencións, e tramitar as diferentes axudas que se convocan por parte das distintas consellerías e organismos públicos.
• Acompañar o desenvolvemento de aqueles proxectos asesorados.
• Detectar recursos ociosos, ou susceptibles de explotar, favorecendo a creación de empresas e a diminución do desemprego.

SERVIZOS QUE PRESTA:
• Autoemprego e Economía Social: subvencións para inicio de actividade.
• Apoio ás iniciativas locais de emprego.
• Información e tramitación de subvencións para a ampliación e mellora competitiva das empresas: adquisición de nova maquinaria, equipos informáticos, contratación de traballadores/as, subvencións financeiras, etc.
• Intermediación  laboral, colaborando na busca de traballadores/as para as empresas.
• Mediación con outros organismos de promoción empresarial.

DESTINATARIOS:
• Promotores/as cunha idea empresarial.
• Pequenas e medianas empresas.
• Desempregados/as.
• Público en xeral.

AX. DESENVOLVEMENTO LOCAL

Últimas Noticias da Ax. de Desenvolvemento Local

Aquí aparecerá o listado das noticias referentes a esta sección:

Non hai noticias para amosar / No hay noticias para mostrar.