BANDO RECOLLIDA DE ENSERES

BANDO RECOLLIDA DE ENSERES
O Alcalde-Presidente do Concello do Pereiro de Aguiar,
Fai saber:
Que debido a crecente demanda dos veciños e veciñas do municipio , a partir do 3 de setembro crearase un servizo de recollida de enseres e trastos vellos a domicilio.
(En ningún caso se recolleran escombros, restos de obra, lixo, neumáticos ou cristales entre outros)
Para elo, todas as persoas interesadas que necesiten este servizo deberán chamar aos seguintes números de teléfono 988315913/ 988259385 para así concertar unha cita.
Por parte deste organismo PÍDESE AOS VECIÑOS E VECIÑAS non depositar os trastos ao lado dos contedores.
Moitas grazas pola súa colaboración.
O alcalde.