CAMPAMENTO DE VERÁN MUIÑOS 2018

CAMPAMENTO DE VERÁN MUIÑOS 2018

O Concello do Pereiro de Aguiar, organiza o campamento de verán nas instalacións de O Corgo (Concello de Muiños).

DESTINATARIOS

Nenos e nenas empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar, nados entre o 01/01/2003 e o 31/12/2010. Se quedan prazas dispoñibles poderán asistir os nenos/as que non estean empadroados e que formalizaran a solicitude en prazo.

Ofértanse un total de 35 prazas por quenda.

DATAS DO CAMPAMENTO E PRAZO DE SOLICITUDE

As estancias están distribuídas en dúas quendas. Se non se alcanza un grupo mínimo de nenos,  agruparanse todos os participantes nunha quenda, que sería do  27 ó 31 de agosto.

1ª Quenda:  22 ó 26 de agosto: nados nos anos 2007-2010.

2ª Quenda:  27 ó 31 de agosto: nados nos anos 2003-2006.

O prazo de presentación da solicitude será do 13 de xuño ó 2 de xullo ámbolos dous incluídos, no rexistro do Concello do Pereiro de Aguiar.

A partires do día 3 de xullo, publicarase a lista de admitidos e excluídos na páxina web do concello. Os admitidos farán o ingreso da cota correspondente antes do 18 de xullo  e aportarán a copia do ingreso no rexistro do concello en horario de 9:00h a 14:00h.

PREZO

A cota para o campamento é de 65€ que deberá ser aboada no seguinte número de conta:

ES87 2080 5326 9031 1001 3007

Unha vez efectuado o ingreso correspondente NON se devolverá o importe satisfeito, salvo que se acredite con anterioridade de 48 horas a imposibilidade do neno/a de asistir,  mediante certificado médico.

A non presentación do xustificante do pagamento dentro do prazo establecido causará a baixa definitiva e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Anexos dispoñibles  na páxina www.concellopereiro.com ou na Biblioteca Municipal.

  • Anexo I – Folla de inscrición.
  • Anexo II- Datos médicos.
  • Anexo III- Declaración de saber nadar.
  • Anexo IV- Autorización para a publicación de fotografías e protección de datos.
  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Copia do ingreso bancario no que debe figurar nome e apelidos do participante.

A reunión cos pais será o día 30 de xullo ás 20:30h no salón de plenos do concello.

 

DESCARGAR

Campamento de veran