Campaña provincial de compostaxe doméstica

Campaña provincial de compostaxe doméstica

A compostaxe doméstica é a conversión do refugallo orgánico en abono natural. Se a súa é unha vivenda unifamiliar este pode ser un xeito de darlle saída ecolóxica e rendible a boa parte do lixo doméstico.

Que podemos empregar para a compostaxe? Restos de froitas e verduras; casca de ovo; arroces e pasta cocida; pan. Pousos de café e infusións. Cinzas e serraduras de madeira non tratada. Papel, cartón, xornais. Restos de poda, raíces, follas, céspede e material do xardín esmiuzados. Restos de colleita da horta, sen pesticidas ou fitosanitarios. Esterco de animais herbívoros. Pó e peluxe do aspirador e fibras naturais.

AOS PARTICIPANTES NA CAMPAÑA CEDERÁSELLES GRATUITAMENTE UN COMPOSTEIRO

REQUISITOS

  • Non ter participado en campañas anteriores.
  • Ter a súa primeira residencia no concello.
  • Dispor dun espazo mínimo de 50 a 200m2
  • Asistencia obrigatoria a unha xornada de formación.

OS VECIÑOS E VECIÑAS INTERESADOS EN PARTICIPAR DEBERÁN INSCRIBIRSE NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR ATA O DÍA 24 DE AGOSTO DE 2017

 

Descargar Bando