PORTELO ELECTRÓNICO
  Información Urbanística de Galicia. Servizo Público de Emprego de Galicia Zona Blog Descarga de documentos Os nosos proxectos Zona Blog
_
_
PARQUE EMPRESARIAL
_
PARQUE EMPRESARIAL
_
_
_
MAPA PEREIRO
_
MAPA PEREIRO
_
_
COMPLEXO POLIDEPORTIVO DE MONTERREY
_
COMPLEXO POLIDEPORTIVO DE MONTERREY
_
_
_
PATRIMONIO HISTÓRICO
_
PATRIMONIO HISTÓRICO
_
_
_
ARTE E CULTURA
_
ARTE E CULTURA
_
_
PROGRAMA-CONCILIA Programa Concilia.
ESCOLA DE PAIS E NAISEsta escola nace como resposta á necesidade de pais/nais e educadores de reflexionar sobre a tarefa que ... ESCOLA DE PAIS E NAIS
O NOVO BLOG DA BIBLIOActividades varias organizadas desde a biblioteca do concello e a área de cultura e tempo de lecer http://bibliopereiro.wordpress.com
_ _ _
_
Novas do Pereiro de Aguiar
 
_
 

OBRADOIROS DE ENTROIDO PARA OS CATIVOS DO CONCELLO

25-01-2012

Este ano, o concello do Pereiro de Aguiar, organiza, coa chegada da festa do Entroido, obradoiros para os cativos na Biblioteca Municipal. Poderán participar no mesmo os nenos e nenas maiores de catro anos que queiran pasar unha tarde divertida entre material de refugallo para elaborar un traxe moi divertido e os seus propios bonecos de comadres e compadres. Os obradoiros levaranse a cabo durante a semana do 13 ao 17 de febreiro, en horario de 18.00h a 19.00h na Biblioteca Municipal. Os interesados en participar deberán anotarse a través do teléfono 988259839 (en horario de 9.00h a 14.30h ou de tarde, de 16.00h a 20.30h) ou ben na mesma biblioteca, no mesmo horario. Para calquera dúbida, tamén vos podedes por en contacto con nós a través do e-mail cultura@concellopereiro.com. 

  » Ler máis

Ocio

ENTROIDO 2012 NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

25-01-2012

O vindeiro sábado dezaoito de febreiro celebrarase a partir das 16:30 horas no Pavillón Municipal do Pereiro de Aguiar a, xa tradicional, Festa de Entroido. Este ano volverá a tratarse dunha festa temática, debido o gran éxito e boa acollida que tiveron os dous últimos entroidos e que estiveron dedicados aos anos setenta e ao oeste. Desta vez, todo xirará en torno ás "PERSONAXES DE BANDA DESEÑADA", a decoración, a música, os xogos, …, e como non podía ser doutro xeito, todos iremos con disfraces vinculados a esta temática, polo que o pavillón se encherá de personaxes dos cómics preferidos dos cativos e maiores. Elixiremos as dúas mellores comparsas e os dous mellores disfraces individuais para entregarlle premios en metálico, douscentos euros e cento cincuenta euros para primeiro e segundo premio das comparsas, respectivamente, e cincuenta euros para os mellores vestidos individuais, ademais de pequenos agasallos para os disfraces máis orixinais e divertidos. Non faltarán os inchables para os cativos e xogos populares para toda a familia, como as sillas musicais, o limbo, os globos, o turra-soga … entre outros xogos cooperativos. Ademais contaremos coa presenza das alumnas e alumnos do curso de bailes latinos 2011-2012, organizado polo concello, que amenizarán a festa cunha exhibición de baile latino, no que demostrarán o que aprenderon estes meses sobre a salsa, a bachata e o merengue, guiadas polo profesor de baile Fernando Alonso.  

  » Ler máis

Ocio

GAÑADORES DO XIII CERTAME ARTÍSTICO "TERRAS DE AGUIAR"

21.12.2011

A semana pasada fallou o xurado do Certame Artístico quedando tal e como queda reflexado no adxunto os gañadores tanto de relato curto como de postais de nadal. Ademais no seguinte enlace podedes ler os relatos gañadores do XIII Certame Artístico "Terras de Aguiar".

http://es.calameo.com/read/00106165745ce2ee1884f

Desde a organización queremos agradecer a todos os que participaron no mesmo, e felicitar aos gañadores, e emplazámosvos a todos para o ano que ven, que de seguro teredes novas historias que contarnos a todos. 

  » Ler máis

Cultura

IMOS A PAZOLANDIA

20.12.2011

O vindeiro 29 de decembro pasaremos a mañá en Pazolandia. Todos os cativos que teñen entre 6 e 15 anos poderanse anotar no teléfono 988 259839 (de 9.00 a 14.30 ou de 16.00 a 20.30 h) para reservar a súa praza antes do 28 de decembro. Saímos do pavillón municipal ás 10:30h e regresaremos ás 14:30h ao mesmo. Os pequenos poderán levar o seu bocata e refresco. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, ata un total de 48. Os cativos deberán levar firmada unha autorización paterna ou materna, e entregala o mesmo día ou ben na Biblioteca Municipal, podes descargala no seguinte enlace: descarga autorización 

Ocio

¡VEÑEN OS REIS MAGOS!

30.11.2011

Un ano máis AA.SS Maxestades os Reis Magos de Oriente chegan ao concello do Pereiro de Aguiar cargados de agasallos para todos os cativos, que os esperan con moitísima ilusión. O día cinco de xaneiro de 2012 ás 18.00h aparcarán os seus curiosos vehículos na praza do concello para saudar aos pequenos que poderán sentarse no seu regazo para velos moi de cerca e recibir un agasallo seu. Se queredes que os vosos meniños pasen unha tarde de ilusión achegádevos ata a praza do concello. Ademais a partires da cinco da tarde haberá divertidos obradoiros. Para inscribilos tedes que chamar ao teléfono 988259839 e vos explicarán como tedes que facer para que os cativos disfruten dun día especial. 

Ocio

_
_
O TEMPO
_
URBANIZACIÓNS
_
URBANIZACIÓNS
_
_
_
RÍOS E ENCOROS
_
RÍOS E ENCOROS
_
_
_
MUÍÑOS EN PEREIRO
_
MUIÑOS EN PEREIRO
_
_
_
_
PEREIRO VIRTUAL
_
Pereiro Virtual
_
_