_
  ALCALDE
_


O avance diario na tecnoloxía, propicia que aparezan novas formas de comunicación mediante as cales en calquera momento e parte do mundo, o navegante pode asomarse ó espacio virtual e achegarse a coñecer a realidade dun lugar ou dunha zona.
O concello de Pereiro de Aguiar, non quixo deixar pasar esta oportunidade de poder amosar a súa identidade a través das novas tecnoloxías tratando, ó mesmo tempo, de achegar a administración ó cidadán e animarlle a participar activamente no seu devir diario.
O noso desexo é convertir este espacio, nun lugar de encontro dinámico e creativo, no que se poda compartir e intercambiar ilusións e o mesmo tempo ofrecer un servizo de información dando a coñecer os proxectos e actividades nos que está inmerso o concello e que esta corporación ten a futuro.
Pereiro de Aguiar sofreu nas últimas décadas, unha transformación importante, mellora de comunicacións, incremento de ofertas culturais, áreas deportivas e de ocio, parque empresarial , centro penitenciario, urbanizacións, escolas... nun marcado entorno que mira ó futuro respetando ó máximo o seu pasado e historia.
No nome do Concello que presido, quero animalo a visitarnos exprexándolle os mellores desexos para que a súa estancia entre nós lle resulte agradable e conserve o agarimo e a hospitalidade que sempre soupemos dar a cantos visitaron esta zona.
Por último quero agradecer a súa visita virtual desexando que sea de utilidade a información contida neste espacio web.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde de Pereiro de Aguiar