_
  ESCUDO
_

O escudo de Pereiro de Aguiar foi aprobado o 1 de Agosto de 1.985 pola Xunta de Galicia, Consellería da presidencia no Decreto 171/85 e deseñado polo arquivador da catedral de Ourense D. Miguel Angel González García.

Ten catro partes ben diferenciadas:

-Coroa real.- Está timbrado cunha coroa real como corresponde a un Municipio da Monarquía Constitucional Española.-

-Bordura.- Atopamos nela trece cruces sinxelas de sable en campo de Gules. Estas trece cruces fan referencia as trece parroquias que compoñen o Concello, pois a parroquia dende sempre tivo en galicia unha importancia como núcleo aglomerador e unha grande forza histórica. A proposta da cruz coma signo que representa ás parroquias, por ser en principio entidades de índole eclesiástico., e por outra banda ésa é a forma na que se alude ás capitais do antiguo Reino de Galicia, no escudo do mesmo. Tamén aluden ós “cruceiros” por ser elementos característicos do patrimonio artístico da zona. O campo de Gules proponse por razóns estéticas e por ser un símbolo martirial que convén as máis das advocacións baixo as cales se acollen as freguesías deste Concello.

-Unha árbore, “pereira de sinople sobre campo de plata”. A árbore está xustificada por un doble motivo, “pereiro” equivale en castelán a Peral (pereira en galego é unha árbore frutal, peral).- O campo de prata ten unha explicación na súa siginificación de auga, que en Pereiro é un factor importante na configuración xeográfica da zona, por ser o río Miño un dos cursos de auga que pasa polo Concello, e o río Loña que atravesa ó mesmo.

-No campo de Gules as armas dos “Feijoo”, xustificación que se debe a que o Padre Feijoo naceu en Melias, sendo a personalidade máis destacada na historia do Concello. Leva neste campo unha espada de prata con punta cara arriba, guarnecida de ouro e acompañada de seis bezantes de ouro, tres a cada lado en situación de pau.

_