Concurso de Adornos de Nadal

Concurso de Adornos de Nadal

Por primeiro ano, o Concello do Pereiro de Aguiar, presenta o concurso de adornos de Nadal, iniciativa enmarcada no proxecto “Nadal no Pereiro”.
Na Praza do Concello adornarase unha árbore, onde os participantes colgarán o seu adorno.

Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello, de calquera idade.
Os adornos terán relación cos datas de Nadal, e os participantes terán plena liberdade en canto a técnica e o estilo a empregar.

Estableceranse as seguintes categorías:

  • Infantil, para nenos e nenas de entre 1 e 16 anos
  • Adultos, a partir de 16 anos.

Cada participante pode presentar dous adornos que deben ser de elaboración propia, é dicir, non poden mercarse como tal. Os materiais a empregar son libres.

As inscricións están abertas do 16 ao 23 de decembro, ámbolos incluídos. É imprescindible inscribirse na actividade para poder participar, e pódese facer do seguinte xeito:

  1. Na Biblioteca, onde se lle fará unha fotografía e tomarán os datos do autor.
  2. Ou no enderezo electrónico cultura@concellopereiro.com, xuntando fotografía do adorno , datos persoais e teléfono de contacto.

Premios:

  • Infantil: Lote de libros.
  • Adultos: Lote de libros.
BASES DO CONCURSO