Concurso de Beléns

Concurso de Beléns

O Concello do Pereiro de Aguiar quere darlle visibilidade ás nosas parroquias e centros de maiores do municipio nestas datas de Nadal.
Poden participar todos as parroquias e as residencias do municipio.

Os materiais a empregar son libres, podendo utilizar todos os que os participantes decidan, sexan comprados ou elaborados por eles mesmos.

As inscricións están abertas ata o día 20 de decembro. É imprescindible inscribirse na actividade para poder participar, e pódese facer do seguinte xeito:
Na Biblioteca Pública, no enderezo electrónico cultura@concellopereiro.com ou no teléfono de contacto 988.259.839.

Haberá un único premio de 60€ para o Belén gañador.

BASES DO CONCURSO