CULTURA, OCIO E TEMPO DE LECER

Horario

O horario de atención ao público é de luns a venres de 9.00 a 14.30h na Biblioteca Municipal.

988 259 839

Para calquera consulta non dubiden en chamarnos a este teléfono.

[email protected]

A través deste email recibiremos as vosas dúbidas e consultas relativas a esta área.

A importancia dun concello non se define polo tamaño do seu territorio, nin polo maior ou menor número de habitantes, senón máis ben pola calidade de vida que ofrece. A calidade de vida mídese, entre outras cousas, polo grao de acceso dos cidadáns aos medios de educación e cultura.

Dende este servizo trabállase na busca dos seguintes obxectivos:
• Incentivar e favorecer a creación cultural, creando novos espazos para a cultura e apoiando material e economicamente os procesos creativos.
• Rendibilizar os investimentos culturais, programando actividades para tódalas idades e durante todo o
ano.
• Fomentar o asociacionismo, favorecendo así a participación cidadá e poñendo a disposición dos veciños recursos, programas e espazos para o lecer e a creación.
• Descentralizar a oferta cultural, desenvolvendo unha rede de centros socioculturais en distintos lugares e parroquias.
• Promover a conservación do patrimonio cultural, organizando e patrocinando todos aqueles eventos en favor da tradición cultural e festiva do noso Concello.

MAIORES
• Excursións
• Obradoiros de memoria, risoterapia, baile…

ACTIVIDADES CULTURAIS
• Certame Artístico Terras de Aguiar
• Diferentes exposicións
• Programa “Camiños de Cultura”
• “Veñen os Reis”
• Entroido

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL
• Voluntariado Social e Ambiental

CULTURA OCIO E TEMPO DE LECER

Últimas Noticias de Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Aquí aparecerá o listado das noticias referentes a esta sección: