 |
 |
O C.F. Loñoá fundouse no ano 1.977 inscribíndose na Terceira Rexional provincial. Durante sete anos participou en dita categoría desaparecendo ata o ano 1.985.
En 1.988 volveu a inscribirse como clube na Federación Ourensana de Fútbol sendo presidente D. Juan José Vera Iglesias participando dende esa data ata a actualidade, seis temporadas en Terceira Rexional, dúas en Segunda Rexional e outras dúas na Primeira Rexional, categoría na que milita na actualidade.
|
 |
 |
Como maiores logros deportivos obtivo cinco ascensos a segunda rexional, un deles como primeiro clasificado; un ascenso a Primeira Rexional como campión do seu grupo (1.992-93) conseguindo na mesma data acadar as semifinais da Copa Deputación de Ourense.
A súa uniformidade é camiseta vermella e pantalón vermello, e disputa os seus partidos como local no Estadio de “A Carabina” que ten unhas medidas de 100 m de longo por 57 m. de ancho e posúe vestiarios regulamentarios, bar,aparcadoiro propio.
Actualmente conta co apoio de 250 socios.
No seu historial directivo foi dirixido polos seguintes presidentes: Juan José Vera Iglesias, Jesús Manuel Ferreiro Dopazo, Jose Luis Gómez Álvarez, Joaquín Orbán Pérez e o actual Fernando Domínguez Aguiar.Na parcela deportiva, figuraron como adestradores: Juan José Vera Iglesias, José Orbán Perez, Julio Vazquez Vázquez, Carlos Iglesias Rodriguez,Juan Carlos Figueiredo, Tomás Gamallo y Manuel Angel García González.
|
 |