 |
 |
A S.D Melias fundouse na tempada 1980-81como iniciativa de varios xóvenes do pobo de Melias que ata entón, estaban desenvolvendo a súa actividade deportiva noutros clubes da provincia, sendo o seu presidente fundador D. Francisco Fernández Pato.
As dúas primeras tempadas, disputou os seus encontros no Campo de futbol de O Medo (Vilariño) ó non dispor de estadio propio, pasando a disputar os seus partidos no ano 1984 no actual estadio de “A Abelleira” situado na parroquia de Sta. María de Melias.
|
 |
 |
O seu actual estadio ten unhas medidas de 90 m de longo x 57 m de ancho, dispón de vestiarios, cafetería, grada cuberta (año 2.003) e foi construído nun terreo comunal coa colaboración de todolos veciños e o concello de Pereiro de Aguiar. Dispón asimesmo, dun local social situado na antigua escola do pobo onde poderemos atopar un amplo dossier da súa historia acompañada das fotografías e trofeos acadados.
A s úa equipación oficial é a camiseta verdibranca e pantalón branco, actualmente milita na 2ª Categoría rexional do futbol ourensán.
Na actualidade conta con máis dun centear de Socios que contribúen a paliar os gastos que xenera este clube.
|
 |