_
_ TECOR - OR.10.020 _
  _
_
O TECOR de Pereiro de Aguiar foi creado a comezos dos anos 70, sendo un dos pioneiros da Provincia de Ourense. Os seus estatutos foron modificados e ratificados en Asemblea xeral o 7 de Marzo de 1.999, inscribíndose no Rexistro de Asociacións Deportivas de Galicia co número 6142 en conformidade co Decreto 216/1997 de 30 de xunio da Lei 11/1997 do 22 de Agosto, atopándose eximida de contribucións fiscais ó tratarse de Sociedade sen ánimo de lucro por recoñecemento expreso da Axencia Tributaria. Posúe ademáis o pertinente Seguro de Responsabilidade Civil, indispensable para cubrir os cuantiosos danos causados polas especies cinexéticas na rede viaria que atravesa a súa xeografía.
_
_ _

_
XEOGRAFÍA
O 29 de Novembro de 1999, fusionouse co antigo Coto de Caza de Santa Mariña, acadando unha superficie total de 6748 Ha. Atópase perfectamente comunicado coa capital da provincia a través das estradas N-120 e C-536 cos seguintes lindes: Ó Norte con Nogueira de Ramuin Peroxa e Coles, ó Sur con San Cibrao de Viñas e Paderne de Allariz, ó leste con Esgos e ó Oeste con Ourense capital. Atopamos definidas as características altimétricas dos montes baixo os seguintes valores sobre o nivel do mar:
Cota Superior 647 m., Cota inferior 109 m., Cota Media 378 m.


_
_

O solo posúe distinto grao de desenvolvemento, sendo os grupos fundamentais ós que pertencen os seguintes: Vega parda alóctona, terra parda podsolizada e Vega parda Alóctona.
En canto ó clima existente, podemos encadralo nunha rexión fitoclimática mediterránea subhúmida de tendencia centroeuropea, sendo o réxime pluviométrico de carácter mediterráneo non continental, existindo unha vexetación na zona de Bosques de Carballos, bosque de Coníferas, bosque de ribeira, monte baixo así como lameiros e pastizais.

ORGANIGRAMA

O TECOR está xestionado pola Sociedade Deportiva de Cazadores de Pereiro de Aguiar constituido en Asemblea Xeral, existindo un Presidente,Vicepresidente, Tesoureiro e Secretario, así como un Vocal por cada unha das parroquias existentes no Concello.
O Seu domicilio Social atópase na Praza do Antigo Concello S/N Pereiro de Aguiar, CP 32710.

ESPECIES CINERXETICAS CON APROVEITAMENTO

-Coello de Monte (Oryctolagus cuniculus)
-Perdiz vermella (Alectoris Rufa)
-RaposoComún (Vulpes Vulpes)
-Lebre (Lepus Capensis)
-Pombo Torcaz (Columba Palumbus)
-Anade Real (Anas Plathyrynchos)
-Corzo (Capreolus capreolus)
-Xabarín (Sus Scrofa)
-Becada (Scolopax rusticola)

INFRAESTRUCTURAS, FUNCIONAMENTO E MELLORAS

O TECOR posúe un Local Social cedido desinteresadamente polo Concello, ó igual que o Tractor que realiza labores de desbroce e semente, ó obxecto de mellorar o ecosistema e favorecer o desenvolvemento e abundancia das especies cinexéticas. Existe tamén servicio de gardería financiado directamente polo TECOR, co obxecto de evitar a caza furtiva, ataques a especies de flora e fauna protexida, incendios, vixiancia nocturna, control de predadores, censos periódicos, vertedorios etc.

OUTROS APROVEITAMENTOS E ACTUACIÓNS EXISTENTES

Zona de Caza Permanente: Situada en San Salvador, cunha superficie de 56,42 Ha. Na que se permite a caza mediante soltas de Perdiz vermella, codorniz, faisan e coello de monte.

Zona de adestramento de cans: Situada entre a estrada comarcal 536 e o Complexo Polideportivo de Monterrei, podéndose adestrar cans tódo os días do ano (excepto luns e venres) con excepción dos meses de Maio e Xunio, ó obxecto de fomentar a reproducción das especies existentes na zona.

Zona vedada: Cuhna superficie superior ó 10% do TECOR, atopándose situada na actualidade entre os seguintes pobos: Parada, Cebreiros e o linde do TECOR de Nogueira de Ramuín)

_