O primero dos partidos que disputa, é contra os seus veciños de Melias, rematando co resultado dun gol a cero, favorable ós da parroquia de Sta. Cristina.
No ano 1946 inaugurouse o seu propio estadio, denominado “Estadio do Medo”, cunhas medidas que daquela eran de 72 m. de longo por 33 m. de ancho sendo a madriña Doña Carmen Nespereira e o partido inaugural disputarono os equipos de Melias e Vilariño, sendo o resultado 2-2.
Nos anos 1949-50 a súa uniformidade sofreu a primeira das modificacións, pasando a ser camiseta azul cunha raia horizontal amarela e pantalón azul, imitando á do equipo de Boca Junior arxentino, agasallo dun dos seus socios.
No ano 1953 sofreu a súa vestimenta a segunda modificación, pasando a ser, camiseta azul e grana e pantalón azul, manténdose con estas cores ata 1956 onde definitivamente quedan instauradas as súas cores, camiseta vermella e pantalón azul.
Durante esta época para poder disputar os seus partidos, debían abonar a cantidade de 519,50 pts ós donos dos terreos onde se atopaba o campo de O Medo posto que disfrutaban do mesmo en réxime de aluguer.
No ano 1959 prodúcese a ampliación do terreo de xogo pasando a 80 m de longo e 40 metros de ancho e posteriormente, en 1961 procédese á compra definitiva do terreo de xogo no prezo de 11.626 pts. ós 17 donos ós que pertencian os terreos.
Nos anos 1969-70 celebra as súas bodas de prata e comeza a disputar encontros oficiais. Acudían a forma parte das súas filas por entón, insignes xogadores da provincia que marcaron unha época no deporte futbolístico da cidade, quedando clasificados en terceiro lugar no torneo de Liga e subcampión da denominada por entón, “Copa Orense”.
Nos anos 1970-71 procédese a unha nova ampliación do Estadio, co fin de adecuar as súas medidas ás regulamentarias e poder disputar así encontros oficiais, pasando a medir 90 m. de longo por 48 de ancho, acadando neste ano o campionato de liga de xuvenís.
Na tempada 77-78 o Clube At. Vilariño queda campión da Liga Local.
Nos anos 79-80 procédese á derradeira ampliación do Estadio, pasando ás actuais medidas de 94 m. de longo por 55 m. de ancho, acondicionando os vestiarios e dotando de aparcadoiro á entrada..
Nos anos 84-85 ascende a Segunda Rexional permanecendo na mesma durante unha década.
Anos 94-95 cumple as súas vodas de ouro, conseguindo ser un dos clubes máis antigos da provincia.
Nos anos 98-99 acada o seu ascenso á máxima categoría provincial, (1ª Rexional militando na mesma ata o día de hoxe.
No ano 2003 inauguranse as graderías do campo de O Medo, froito da inversión do Concello de Pereiro de Aguiar, conseguindo mellorar a instalacion e axudar ó confort dos siareiros.
Sen ter un palmarés grande en trunfos deportivos pero si grande en experiencia, podemos decir que este histórico que conta actualmente con 256 socios mantén vivo o espíritu futbolístico ano tras ano dos siareiros do deporte rei neste pobo.