AVISO AULA CONCILIA CURSO 2019/2020

AVISO AULA CONCILIA CURSO 2019/2020
  • Número de prazas ofertadas: 70 (quenda de mañá ) 50 (quenda de tarde).
  • Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou pola sede electrónica.
  • Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 1 de agosto ata as 14:30 h. o 16 de agosto de 2019.
  • Prazo de entrega das solicitudes: do 1 ao 16 de agosto (ambos incluídos).
  • Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 29 de agosto, na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
  • Prazo de subsanación de erros: do 31 de agosto ao 4 de setembro (ambos incluídos).
  • Publicación das listas definitivas: 6 de setembro na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
  • Requisitos:
  • Estar empadroado/a no Concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).
  • Ser pai/nai traballador/a con incompatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  • Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  • Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  • Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
  • Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  • No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  • Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.

 

Non será necesario presentar aqueles documentos que non teñan experimentado variación respecto do ano anterior, e que xa estean en poder deste concello. Non obstante os referidos aos puntos 1, 4 e 5 deberán xuntarse obrigatoriamente.

 

 

DESCARGAR BANDO DESCARGAR SOLICITUDE