GEOGRAFÍA Y SITUACIÓN

O Concello do Pereiro de Aguiar encóntrase situado na provincia de Ourense a 7km da capital, dentro da macrocomarca que algúns autores denominan foxa ou depresión de Ourense. Dita comarca exténdese polo curso medio do río Miño, unha vez abandonado o acusado encaixonamento entre os outeiros que o bordean e ao deixar atrás o encoro dos Peares.

Os concellos que delimitan Pereiro de Aguiar son, polo Norte Nogueira de Ramuín, polo sur Paderne de Allariz, polo este Esgos, polo Noroeste Coles, polo Suroeste San Cibrao de Viñas e polo Oeste, por último, Ourense.

Pereiro de Aguiar ten unha extensión de 61,1km2, situándose á esquerda do río Miño, aínda que tamén discorre por terras do concello o río Loña, verdadeiro nervio axial do mesmo, deixando ó seu paso dous encoros para o abastecemento de auga da capital provincial. Ámbolos dous ríos son fonte de riqueza por ser aproveitados para regal, pola súa utilización coma fonte de enerxía e por configurar en algúns lugares zonas de esparcimento moi concurridas, coma o entorno do Santuario dos Gozos.

O clima destas terras baixas e abrigadas prolonga o do val do sil con netas características mediterráneas. A temperatura media anual é de 14º en Ourense, a media de Xaneiro 7º e a de Xullo 21,7º. Aínda que a amplitude térmica é acusada, os invernos son suaves e nos veráns a foxa ourensá convértese nun auténtico forno.

Dende o punto de vista topográfico, entre os dous ríos, o terreo é montuoso e desigual case despoboado na parte máis alta e regado por numerosos arroios en ámbolos dous vales. As montañas son rocosas e ourizadas de granito erosionado en formas redondeadas. Podemos considerar distintas zonas:

As áreas montañosas que corresponden a superficie de aplanamento interior forman un cordón ó Norte que se fragmenta en dúas cadeas Noroeste-Sureste en ámbalas marxes do curso medio do Loña.

Atopamos a cadea oriental onde se atopan as maiores altitudes (Chaudarcas con 647m, montes de Ordelles, Outeiro das Covas e O Balbón). A cadea occidental presenta cotas inferiores (Monte da Chaira 449m e O Lombo), e os montes meridionais case diluídos teñen unha ondeante orografía (Coutos de Calvelle) cara A Ráveda.

Todas estas altitudes non son senón as prolongacións finais dos Montes de Rocas, ó Noreste, ou de A Picoña, Coutos do Sil e Montes de Luíntra ó Norte, ata entroncar con Cabeza da Meda. Estas montañas sufriron ó longo dos séculos unha forte erosión polo que as súas superficies presentan unha aparencia de lombas suaves, de inapreciable transición topográfica.

O chamado Val do Loña, ou simplemente A Loña, dividido polo curso medio do Loña en dúas partes: a primeira aproveita unha falla meridiana, sensiblemente desviada hacia o Oeste (Loña do Camiño, A Derrasa), pola outra banda está A Veiga do Pereiro ou baixo Loña, a cal é chaira fértil, na parte baixa dos montes e nas beiras dos ríos hai piñeiros, castiñeiros, cerdeiras, nogais e carballos. O río, á altura do campo dos Gozos, descobre un amplo meandro xirando entre os montes da Chaira e A Medorra para dirixirse ao Miño. En xeral son terras chas e baixas, sen sobrepasar os 400m.

O pedúnculo superior está composto polas parroquias de Melias e Vilariño. Son terras que non superan os 200-400m pero de pendentes acusadas.