Se abre el plazo para el curso 17/18

Se abre el plazo para el curso 17/18

Ábrese o prazo para a Aula Concilia para o curso 2017/2018

Número de prazas ofertadas: 60 (quenda de mañá ) 25 (quenda de tarde).
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 7 de agosto ata as 14:30 h. do 17 de agosto de 2017.

Prazo de entrega das solicictudes: do 7 ao 17 de agosto (ambos incluídos).

Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 31 de agosto, no blog da aula e na páxina web do concello.

Prazo de subsanación de erros: do 1 ao 4 de setembro (ambos incluídos).

Publicación das listas definitivas: 6 de setembro.

REQUISITOS:

  • Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).
  • Ser pai/nai traballador/a con incompatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  • Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  • Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  • Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
  • Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  • No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  • Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.

INFORMACIÓN:

Tfnos: 988 259 385 / 633 120 494.

Descargar Solicitude