DEPORTES E PAVILLÓN MUNICIPAL

Escola de Atletismo

A escola de Atletismo de Pereiro de Aguiar Ben-Cho-Shey fundouse co obxectivo de crear un instrumento que poideran utilizar os alumnos do centro escolar para iniciarse nalgúns deportes e ó mesmo tempo lles servira para poder competir no deporte en idade escolar organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Hoxe en día, non só cumple este obxectivo, senón que é unha Escola Atlética con certo prestixio a nivel galego con algunhas incursións a nivel nacional e mesmo internacional. É sen dúbida un medio de perfeccionamiento de moitos rapaces e rapazas que elixiron o deporte para o seu desenvolvemento personal.

Ó longo desta década o Clube foi motor de diversas escolas de iniciación e perfeccionamento que se desenvolveron entre os meses de Outubro a Maio ininterrumpidamente tempada tras tempada. Nelas participaron algo máis do 80% da poboación total en idade escolar deste Concello traballando tamén con deportistas de Concellos limítrofes que optaron por integrarse nel.

Ó longo destes anos tamén participou noutros deportes como, futbol sala, xadrez, voleibol e badminton onde se acadaron resultados suliñables (subcampionato de Galicia en fútbol sala en dúas ocasións, trofeo Liceo La Paz) e xadrez (deporte en Idade Escolar), adicándose a día de hoxe fundamentalmente ó atletismo.

Mención especial lle corresponde unha iniciativa propia como é a organización da “Carreira Popular de Pereiro de Aguiar” co lema “Somos iguais, somos diferentes” evento que cumple a súa décima edición neste ano e que hoxe en día non forma parte soamente da programación atlética provincial (ámbito onde se consolidou como a segunda en importancia trala Popular Carreira Pedrestre do San Martiño) senón tamén da propia programación da Federación Galega de Atletismo.

Como datos maís sobresaintes están, por unha banda, a súa masiva participación (na terceira edición acadaronse 500 participantes) , e por outra que no seu cadro de honra existen gañadores da proba de atletas de talla internacional como Jose Ramón Rey e Esther Pedrosa.

Así mesmo, este clube organizou durante seis anos toda a competición de Campo a través en Idade Escolar da zona da Alta Limia.

DEPORTES

Últimas Noticias de Deportes

Aquí aparecerá o listado das noticias referentes a esta sección:

<!-- no widget title -->
  • Cachibol

    CACHIBOL + RISAPLÜS Actividade Gratuíta Calvelle  ·  7 NOV A Derrasa  ·  14 NOV Loñoá  ·  21 NOV Melias  · … ver… 

  • Actividades 2018-2019

    Toda a información das actividades e datas comunicaranse a través desta páxina web. Os interesados en recibir información a través… ver… 

  • XI DÍA DA BICI 24 DE XUÑO

    Percorrido: Praza do Concello- Encoro de Cachamuiña e Regreso Saída: 11:00h Inscrición: ata o 21 de Xuño na Biblioteca Destinarios:… ver…