EXTENSION DE REDES DE BANDA LARGA DE ACCESO ULTRARRÁPIDO NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

EXTENSION DE REDES DE BANDA LARGA DE ACCESO ULTRARRÁPIDO  NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

Desde o Concello do Pereiro de Aguiar estase a traballar xunto coa Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado para dotar ao municipio de fibra óptica.

 A Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga 2020, e a Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario diversas actuacións  no concello de O Pereiro de Aguiar.

Entre 2018 e 2020, a empresa concesionaria despregará  redes ultrarrápidas que posibilitarán servizos de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica. Na actualidade están aprobadas subvencións para os seguintes núcleos: REBOREDO, LAMELA (A), VENDA (A), URBANIZACIÓN VEIGA DE ABAIXO , SAN BENITO DA VEIGA, URBANIZACIÓN TAPADA DE BOUZAS, CACHAMUÍÑA e TIBIÁS. En moitas  destes lugares xa se empezaron os traballos.

Desde AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), comunicóusenos que en  novembro de 2018 o Estado concedeu novas subvencións que permitirán servizos de acceso ultrarrápido a Internet nas seguintes entidades: SAN MIGUEL DE CALVELLE, CEBREIROS, LOÑOÁ, CONDADO (O), DERRASA (A), MEDORRA (A), CORTIÑAS, SABADELLE e VILARIÑO.