HISTORIA

Pereiro de Aguiar non aparece nos documentos ata o século XII. Aparece co nome de “Terra de Aguiar”, separada sen dúbida doutra demarcación máis extensa.

A “Terra de Aguiar”, perfectamente delimitada no século XIV, coincidía co “Arçiprestadigo de Aguiar”, o cal compoñía, con outros moitos, o vicariato ou terra do Cabildo. Polo tanto a antiga “Terra de Aguiar” estaba composta polas seguintes xurisdiccións: Velle, de Rocas; Ceboliño, Lamela; Pereiro de Aguiar coas parroquias de Calvelle, Campo, Covas, Faramontaos, Melias, Moreiras, SanXoán, San Martín, Sta. Marta, Mourisco, Prexigueiro, Sabadelle, Siabal, Tibiás, Trios e Vilariño; Rocas con Esgos, Sta. Eulalia, Sta. María, Vilar de Ordelles e San Estevo de Ribas de Sil coas feligresias de Armariz, Loña do Monte, Moura, Nogueira de Ramuín, Rubiacós, San Estebo e Vilar de Cerreda.

Na historia da “Terra de Aguiar” e do seu castelo pódense distinguir dúas etapas: unha na que pertencía o Rei e outra na que pasóu ás mans do Arcebispado e Igrexa de Santiago. Durante a primeira destas estapas, algúns dos máis coñecidos Tenentes de Aguiar foron: Diego Yáñez, Pedro e Fernando Arias, Pelayo Varela, Gonzalo e Fernando Yáñez e Pelayo Arias. Todo isto entre 1136 e 1238.

Asimismo o castelo de Aguiar de Pedraio foi un dos trinta co que Alfonso IX dotou a súa esposa Dona Berenguela, dito castelo foi a principal fortaleza desta terra, estaba na aldea de Pedraio, da feligresía de Sta. Marta de Moreiras. Deste Castelo non se conserva resto algún, nin sequera tradición local. O seu valor estratéxico non tivo demasiada importancia.

A segunda das etapas comezan nun privilexio de Fernando III outorgado o 6 de novembro do 1238, polo que lle concede á Igrexa do Apóstol Santiago e ó arcebispo Don Xoán Arias o Castelo de Aguiar de Pedraio con toda a súa terra xurisdiccional. O monarca co beneplácito da súa nai Dona Berenguela, a que pertencía en dote dito castelo, en diante o verdadeiro Tenente de Aguiar será o propio arcebispo compostelano.

Algúns dos Tenentes que figuraron como tal polo arcebispo e Igrexa de Santiago foron: Fernando e Diego Yáñez, Pedro Peláez, Estebo Fernández, Nuño González de Novoa, Elvira e Xoán Pérez Novoa.

Remata por estas datas a mención de Tenentes, pero suponse que Xoán Pérez de Novoa tería a “Terra de Aguiar” durante o resto da súa vida.

En diante señorearon a “Terra de Aguiar” no nome do arcebispo de Santiago Don Fabrique Enríquez, Conde de Trastamara e Duque de Arjona, ata a súa morte, e despóis Don Pedro Alvarez Osorio, primeiro Conde de Lemos, e finalmente dende 1459, o Conde de Benavente que lle cedeu ao seu irmán Xoán Pimentel.

rio-mino-ao-seu-paso-polo-concello
vista-dende-o-monte-da-chaira

Os peores tempos que tiveron as “Terras de Aguiar” foron durante a segunda metade do século XV, baixo o señorío de Xoán Pimentel, co alcume “do fero señor de Aguiar”, aínda que Xoán Pimentel non era unha excepción xa que tódolos nobres grandes e pequenos desbordados pola súa cobiza e despotismo a cal dirixían preferentemente cara a usurpación violenta ou enganosa dos cuantiosos bens dos mosteiros e igrexas.

Todo isto sucedeu ata que dende o pobo oprimido surxiu a reacción dos “Irmandiños”, e ata que se fixo sentir dende arriba o brazo forte da xustiza dos Reis Católicos.

Aínda a mediados do século XVIII a influencia do Priorato de San Pedro de Rocas, do cabildo catedralicio de Ourense e do Marqués de Malpica é intensa.

Por outra banda en Pereiro acháronse lápidas de carácter miliario e nos gozos quedan Os Baños, posible estación termal na cal apareceu cerámica romana. Certa tradición sitúa aquí a existencia dunha cidade asolagada (Antioquía), que podemos relacionar coas lendas referentes a fenómenos de aldeas da beira circumalpinas estudiado por L. Monteagudo.

En relación ó aspecto económico pero intensamenterelacionado coa cultura e historia deste concello, destacan: A alfarería de Loñoa das Olas, que fabricaban olas e xarros de cor escura e gran elegancia; ou a confección de sogas en Covas que os veciños vendían de modo ambulante pola península; os afiladores, tan abundantes en Sta. Marta, onde hoxe tan só ten importancia a artesanía metálica; ou tamén as mulleres de Sabadelle que eran as lavandeiras de xentes da capital ourensá, onde vemos a intensa conexión con Ourense.