Cargando&hellip

Este é o campo onde se celebra a Romaría dos Gozos. É unha das primeiras romarías que marca o comezo das festas, así coma o lugar de encontro dunha gran cantidade de persoas.  Sitúase na Parroquia de Sta Marta de Moreiras, no Concello do Pereiro de Aguiar, nun dos remansos do río Loña.

A romaría cadra na primeira semana da Pascua e comeza cunha novena en honor á Virxe. Amenízase coa instalación de diferentes aparellos para a diversión dos asistentes como tiovivos e tómbolas. É tradición o día da festa a procesión que se desenvolve ó redor do Santuario pasando entre as rosquilleiras, polbeiras e demáis postos de comida. Vai precedida por cruces e estandartes, e á volta fan unha parada na porta da Igrexa, subastan a Santa e comezan a misa cantada. Rematada a festa relixiosa, tocan as gaitas e as orquestras, dánzase para coller apetitoxa que é típico quedar a come o polbo e a carne ó caldeiro, e despóis festa rachada…

Dirección

Dirección:

Sta. Marta de Moreiras, Pereiro de Aguiar, Ourense

GPS:

42.328909945354, -7.7741010957675