Cargando&hellip

Situada no lugar de San Salvador pertencente á parroquia de San Salvador de Prexigueiro, podemos acceder a esta casa a través da estrada C-536 (Ourense- A Rúa). Ver mapa.
De construción popular data dos séculos XVII-XVIII. O único que se conserva desta construción sen reformar é a Torre, xa que o resto do conxunto foi considerablemente modificado.

Antigamente o conxunto estaba unido por portas das que hoxe en día non se conserva ningunha ao estar todas elas tapiadas. Dende a cara sur presenta tres corpos ou andares, estando o superior adornado cun corredoiro de madeira. Na primeira planta da edificación sitúase unha boa solaina sobre espléndidos apoios.

O tellado está a catro augas e o conxunto é dunha certa complexidade con edificacións en plantas rectangulares con portas de entrada a un patio.

Dirección

Dirección:

San Salvador, Pereiro de Aguiar, Ourense

GPS:

42.349073579677, -7.8060500743158