No Pereiro de Aguiar podemos resaltar dous encoros. O encoro de Cachamuíña e o de Castadón, achegando tamén caudal ao encoro de Velle a través de pequenos regatos que transcorren polas parroquias de Sta. Cristina de Vilariño e Sta. María de Melias.

O encoro de Cachamuíña foi rematado en 1954 pertencendo ao río Loña. É un tipo de “Presa” chamada de “gravidade” e ten un volume de encoro de 2 Hm3, unha superficie de encoro de 27 Ha cunha superficie de aliviadoiro de 205 m3/seg. e un desaugadoiro de 11 m3/seg.

Dispón dunha cunca receptora de 122 Km2. O vertedoiro sitúase de fronte na coroación da presa,  tendo tres sumidoiros cunha lonxitude de 6 m cada un. Os tres sumidoiros poden pecharse cunhas comportas de 6 por 3 metros, producindo un encoro de 2.075.000 m3 de capacidade total. O perfil do vertedoiro é de tipo “Creager”, e remata nun trampolín de lanzamento libre, con dentes na contraescarpa. Non existe cunca amortecedora por non ser preciso, dada a natureza rochosa do leito. Ten tamén unha ponte de manobra para as comportas do aliviadoiro, instalada para aumentar a capacidade do encoro, a estrutura do mesmo é metálica.

Dirección

Dirección:

Encoro de Cachamuíña, Pereiro de Aguiar, Ourense

GPS:

42.338244611538, -7.8020921447141