Con data de 1800 preséntasenos esta igrexa de estilo barroco en cruz latina flanqueada por pilastras nos ángulos. A porta está ordenada por baquetóns mixtilíneos igualmente que a fiestra central. Posúe unha espadana complexa con dous arcos laterais que lle dan un aspecto de torre ao campanario.

O corpo superior ten un só arco e posúe cinco pináculos dos cales falta un. Nos ángulos da fachada o pináculo acaba en bólas abertas que lle confiren unha aparencia vexetal. Tanto a igrexa como a casa reitoral, están situadas no punto máis alto de Covas.

A casa reitoral data de 1813, de construción popular cunha distribución de patio central e balcóns corredoiros ao redor deste patio. Os seus muros exteriores teñen buratos con linteis e son de bo cadeirado. Ten unha gran cheminea con capiteis.

 

Dirección

Dirección:

Covas, Pereiro de Aguiar, Ourense

GPS:

42.348479341147, -7.7370129091567