Cargando&hellip

É unha igrexa de planta románica, á que durante o ano 1847 se lle cambiou a fachada de leste a oeste.
Consta dunha nave e amplo presbiterio. A súa porta principal é de dobre arquivolta semicircular dórica con arco triunfal apuntado, sobre semicolumnas acaroadas.

A súa portada está apoiada sobre columnas acodilladas sobre as xambas. O tímpano é liso e posúe espadana con dous corpos, a primeira ten dous arcos para as campás, a segunda só un, coroándose cunha pequena estrutura piramidal e unha cruz. No seu interior ten un sepulcro do século XVI e un artesoado de influencia mudéxar.

No cruce da estrada que vai dende o lugar de Sabadelle ata Tibiás, atopámonos cun peto que é unha pequena construción cun relevo, no que se representan ás “ánimas” no purgatorio, no que se poden depositar as esmolas.

Dirección

Dirección:

Sabadelle, Pereiro de Aguiar, Ourense

GPS:

42.359885699233, -7.8180450500153