Este muíño denomínase así polo topónimo do lugar onde se atopa, “Os Gozos” , derivado da advocación da Virxe á que se dá culto nas inmediacións. Por iso é coñecido,  tamén como muíño “da Ermida”.

Atópase ao sur da parroquia de Santa Marta de Moreiras, no extremo dunha grande curva que describe o río Loña case un meandro nesta zona de chaira -, que recibe dous afluentes pola esquerda, dos que o regato do Gruñal (tamén chamado dos Pensos ou de Esgos) é o que máis afecta ao muíño por unirse ao Loña antes dos Gozos, provocando un grande engrosamento nesta parte. O outro é o regato da Gaiola (ou da Medorra), que desemboca uns metros máis abaixo. Este gran muíño coa presa, en cuxa cabeza se asenta, forma con ela un conxunto singularísimo. Isto é debido á utilización da auga directamente, aproveitando un gran caudal que hai neste punto. E ademais, polo feito de atoparnos ante varios muíños pegados e unidos, formando un todo continuo. Os muíños son propiedade actualmente de dous donos distintos, o Sr. Benjamín de Santa Baia e o Sr. Xosé do Penedo.

Os muíños atópanse a poucos metros da estrada local que vai dende A Derrasa (C-536) cara á ermida da Virxe, e no extremo do seu campo murado –en dirección á “área recreativa” de Monterrei-, camiño real outrora. Dende aquí, debe collerse un estreito e curto camiño cara á dereita, que é o que se dirixe cara ao río, onde se atopan os muíños. O seu estado parcialmente ruinoso permítenos apreciar, non obstante, a estrutura que tiñan. Os edificios dos muíños atópanse asentados nun punto no que o leito do río describe un  “ese “. Sobre unha superficie rochosa foron construídos perpendicularmente ao río. O conxunto atópase nun deficiente estado, tanto no que atinxe ao muros como ás cubertas.

O primeiro deles, dende o camiño, é o que está mellor conservado, non obstante,  ao atoparse alterado pola propiedade,  subdividiuse interiormente, o que afectou así mesmo ao acceso, xa que co cambio de propiedade abriuse unha nova porta na parede sur. O edificio ten unha planta irregular poligonal, con tres grandes muros lixeiramente escadrados pola parte do acceso, na que é máis ancho e regular. O parámento pétreo é de cachotería concentrada, con pezas irregulares máis ou menos prismáticas de similar tamaño colocadas en ringleiras horizontais nas paredes sur (parte SE.) e leste, mentres que na parte oposta (parede sur, lado SO., e oeste) o parámetro realizouse con pedras máis pequenas, polo que as ringleiras apenas se pode dicir que existan. A continuación outros dous muíños, todos con paso polo lado leste, sobre o canal do primeiro.

 

O terceiro ten a entrada en ángulo, sobre o cubo do muíño intermedio. A súa parede leste,

Poderosísima,  sobresae aínda máis que a precedente, co que se produce así unha distribución gradual

dende ela ata a liña da do grande.

 

Por este lado, a escasos metros, atópase a presa, dende a que toman auga todos estes muíños.

Obra de grande envergadura, é notabilísima tanto pola lonxitude que ten, como pola súa altura,

xa que o Loña acada neste punto unha das maiores anchuras de todo o seu curso  o que é debido

ao aporte das augas do regato do Gruñal.

 

Estes muíños, que sempre foron privados, deron servizo ás xentes das aldeas da contorna. Ante todo aos da Derrasa ,núcleo de poboación con varias airas para mallar centeo e trigo,  e numerosos hórreos, dos que procedían os innumerables sacos de gran moído en “Os Gozos”.

Dirección