Situado no lugar  de Lamela pertencente á parroquia de Sta María de Lamela, podemos chegar a este pazo a través da estrada C-536 (Ourense- A Rúa).

Este pazo foi construído entre os séculos XVI e XVII, sendo o seu estilo, barroco e renacentista. Adáptase á desigualdade que ten o terreo, de maneira que o número de plantas varía, tendo tres na fachada norte da torre e dúas nas restantes. As súas dúas fachadas teñen gran interese:

A primeira orientada cara ao norte  é un gran lenzo que responde ao lado longo do rectángulo, liso e con tres andares.

Presenta buratos de aire alongados, o principal ten fiestra de balcón e no centro un balcón con voadura con repisa de pedra sustentada sobre asentos de dobre curva. As balaustradas son de ferro e os muros rematan cunha sinxela cornixa de “gola” na que se sustenta o aleiro.

-No andar baixo está a porta principal e unha escaleira de pedra que serve de acceso á vivenda. O segundo andar leva un balcón apoiado en asentos, tamén de dobre curva como na fachada norte e con balaustrada de ferro.

A fachada oeste, que é a principal, está nun plano máis alto. Está constituída en parte polo lado menor do edificio, o resto está constituído pola torre que queda encaixada no mesmo. Os materiais empregados na construción da torre contrastan fortemente co resto do edificio.

Dirección

Dirección:

Santa María de Lamela, Pereiro de Aguiar

GPS:

42.3424783, -7.8155049