Cargando&hellip

Situado na aldea da Pena pertencente á parroquia de Sta Cristina de Vilariño, podemos acceder a este pazo a través da estrada N-120 (Ourense – Ponferrada).Ver Mapa.

Realizado entre os séculos XVIII y XIX de estilo popular. O seu edificio principal posúe tres cruxías ao redor do patio. Os muros son de varias épocas. O muro leste destaca polos seus brasóns ao lado dunha fiestra, e ó sur unha solaina con vidreira.

Un muro rodea a propiedade e hai unha serie de edificacións auxiliares con balcóns e escaleiras. Chama a atención un hórreo cunha recargada decoración na sobrepena de pináculos de bóla aberta con cruz.

Dirección

Dirección:

Sta. Cristina de Vilariño, Pereiro de Aguiar, Ourense

GPS:

42.373523292203, -7.8172918321644