Situado no lugar de Casdemiro pertencente á parroquia de Sta María de Melias, podemos acceder a este pazo a través da estrada N-120 ( Ourense-Ponferrada).

É un edificio que data de principios do século XVII. É unha construción que, debido ás súas múltiples restauracións, ten un tipo de planta difícil de precisar. Poderiamos definilo coma un edificio de planta rectangular con dúas alturas, e un patio exterior en dous niveis cunha construción en perpiaño.

Un muro pecha o patio por un dos seus lados nos que se abren dúas portas, a principal cun lintel e a outra ten un grande arco de medio punto que dá acceso á finca que rodea o edificio.

A única fachada que ofrece interese é a principal, de dúas plantas. Ten un primeiro balcón con repisa con moldura sobre repousadeiros. As fiestras que abren ao balcón son resgadas e con montante.

As pedras de armas que se atopan no pazo son as seguintes: Dúas pedras bastas sobre o lintel do portalón principal que levan os brasóns dos Puga e dos Feijoo. No centro está gravada un  “M, un escudo ovalado timbrado con helmo cuartelado coa cruz e as vieiras dos Ribadeneira, posuíndo tamén gravados dos Enríquez, Taboada, Nóvoa e Sotelo.

Sobre o lintel do portalón  hai unha inscrición que fai referencia ao nacemento do Padre Feijoo, na que se le : EN EL AÑO 1676 NACIO EN ESTA DAEL ILMO. Y RVD. P.M FEIJOO Y NONTº.

Aínda se conserva en bo estado neste pazo a carauta de cera do Padre Feijoo

 

Dirección

Dirección:

Sta. María de Melias, Pereiro de Aguiar, Ourense

GPS:

42.394401100818, -7.7916236228129