ORIENTACIÓN LABORAL

Horario

Horario de atención ao público. De luns a venres de 9.00 a 14.30 h

988 259 385 – Ext. 18  /  654 366 509

Se tes algunha consulta relativa a esta sección, non dubides en chamar.

[email protected]

A través do email recibiremos as vosas dúbidas e comentarios relativos a esta área.

O Concello do Pereiro de Aguiar, como Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, dispón dun Departamento de Orientación Laboral. As accións que se realizan dende este servizo teñen como obxectivo mellorar as posibilidades de  inserción laboral das persoas desempregadas.

Este servizo estase a levar a cabo mediante un Convenio de Colaboración para o Desenvolvemento de Actividades de Información, Orientación e Busca de Emprego entre os Concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.

As actuacións que se desenvolven son, entre outras, as seguintes:

• Información sobre os programas de Formación e Inserción laboral da Consellería de Emprego, Economía e Industria.
• Difusión das subvencións e axudas para a contratación de persoas desempregadas, así como de lexislación de interese relacionada co emprego e a formación.
• Intermediación laboral: información e xestión de ofertas de emprego, listas de contratación, etc…
• Deseño e elaboración de currículos e cartas de presentación.
• Elaboración de Itinerarios Personalizados de Inserción ás persoas desempregadas a través de información e orientación profesional para o emprego e o autoemprego, para a mellora da súa cualificación profesional e da súa empregabilidade.

O Departamento de Orientación laboral presta, entre outros, os seguintes servizos:

• Entrevista individual personalizada e asesoramento segundo as necesidades dos demandantes.
• Informar sobre o mercado de traballo e as ofertas de emprego existentes, as políticas activas dos servizos públicos de emprego, así como os incentivos e medios dispoñibles para o apoio ás iniciativas emprendedoras e a mellora da cuaalificación.
• Realizar un diagnóstico individualizado ou perfil das persoas demandantes de emprego que inclúa toda a información posible sobre as características persoais relevantes que permita medir o grao da empregabilidade e orientar á persoa segundo as súas necesidades.
• Realizar itinerarios individuais personalizados: deseñar e xestionar itinerarios individuais e personalizados de emprego que melloren o nivel de empregabilidade das persoas demandantes de emprego.
• Información sobre Accións Formativas, Certificados de Profesionalidade, Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, entidades de intermediación laboral, Oficina Virtual de Emprego do SPEG, aplicación MOBEM, etc.
• Información sobre subvencións e bonificacións para o fomento da contratación e sobre axudas ás iniciativas emprendedoras.
• Bolsa de Emprego: Intermediación entre as ofertas e as demandas de emprego, favorecendo o achegamento entre as necesidades das empresas e as posibles persoas candidatas.

PUNTO DE INFORMACIÓN DO SPEG

Nas dependencias do concello tamén se atopa o Punto de Información do Servizo Público de Emprego de Galicia onde poden renovar as súas demandas de emprego, evitando os desprazamentos a Ourense. No mesmo Punto poden consultar ofertas de emprego e acceder a diversas páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos. Para poder utilizar este servizo deben acudir á Oficina de Emprego da Ponte (Ourense), e rexistrar a súa impresión dixital. Unha vez feito o rexistro, poden utilizar este servizo co que conta o Concello.

ORIENTACIÓN LABORAL

Últimas Noticias de Orientación Laboral

Aquí aparecerá o listado das noticias referentes a esta sección:

Non hai noticias para amosar / No hay noticias para mostrar.