CRUCEIROS
 
 

Pódense definir como “cruz grande, de madeira ou de pedra, que para ser chamada cruceiro debe estar composta por gradas, base, fuste e capitel” todo isto con máis ou menos esculturas e ornamentacións. Esta ornamentación ten sempre un carácter concreto, as súas figuras son máis simbólicas que decorativas, e as esculturas ou relevos son sempre sobre temas relixiosos.

Sitúanse en encrucilladas, en sitios por onde soen pasar os cadaleitos ou en puntos onde finou alguen a causa dunha desgracia.

Digamos que a primera cruz de pedra foi creada nas illas Británicas, e a través do ciclo Carolinxeo chegou a Galicia, e tamén que a ruda cruz dos camiños, quizás foi orixinada nas forestas xermanas de “Limes Romanus” a través do ciclo Bretón, chegou a Galicia coroando ós miliarios e guiando ós peregrinos santiaguistas.

Como conclusión, da orixe dos cruceiros decir que todos os arqueólogos concordan en que a primera cruz de pedra non foi outra cousa que o mesmo “menhir” convertido ó cristianismo.

Resumindo, o cruceiro é un enxendro post-románico impulsado polo afán de imitar ás cruces procesionais.

 
Cruceiro de Ordelles
Cruceiro de Trios
Cruceiro Iglesia de Covas
Cruceiro de Lonoa
Cruceiro de Covas
Cruceiro de Sabadelle
Cruceiro de Melias
Cruceiro de Vilariño
Cruceiro de Santa Marta

Para información detallada de su localización click aquí.