A denominación xeral en galicia, como en Asturias é a de hórreo, aínda que poden empregarse outras denominacións nalgunas comarcas, como cabaceiro, celeiro, canastro, piorno, espigueiro, palleira..etc
Esta palabra procede do latín “horreum” adxectivo que ten o significado de erecto, erguido ou levantado.
O hórreo como construcción é unha habitación estreita, onde as paredes teñen multitude de buratos para a ventilación, aséntase sobre columnas, pes ou muros transversais, que levan encima capiteis redondos ou "tornaratos" que impiden que os roedores poidan chegar ó grao.
Aínda que as formas son moi distintas dependendo da comarca, vai dende circular e cadrada ata rectangular. Esta última é a forma típica en Galicia podendo variar, ademáis, de estreita e longa, ata ancha e curta, aínda que a forma predominante é a lonxitudinal. Cando é necesario aumentar a capacidade do hórreo, constrúese de maior lonxitude, aumentando ó número de tramos ou cleros, pero nunca aumentando o ancho xa que se perxudicaría a boa ventilación e o secado do millo.
Estas construccións están situadas de formas variadas en relación á xeografía, por exemplo, nas aldeas non están agrupados senón dispersas entre as casas, e a orientación non segue unha orde. Esto cambia cando vemos hórreos situados á beira dos camiños, nas beiras dos ríos ou do mar, neste caso séguese unha liña directriz buscando a mellor ventilación.
A súa construcción ven dada pola necesidade que ten o labrego de amontoar e conservar as mazorcas do millo, pois era o principal alimento da casa labrega e dos seus animais. As colleitas almacenábanse para o consumo cotiá de todo o ano, pero non só era importante gardar o millo, senón tamén a súa conservación xa que a humidade do clima non facilita a maduración completa do mesmo, polo que é importante que estructuralmente permita unha perfecta ventilación do grao, sempre adecuadamente colocado, aspecto diferenciador entre Galicia e Asturias, xa que en Galicia as mazorcas colócanse no interior e sen previa exposición ó sol, mentres que en Asturias, pendúranse no exterior.