MUIÑO DO CAMBEIRO
 
 
Coñecese así este muíño situado ó comezo da veiga de Boeiros, polo sobrenome do seu propietario, Xosé Gonzalez Tesouro, “O Cambeiro”. O seu acceso prodúcese dende a estrada local que atravesa o término municipal entre Santa Marta e Loñoá do Camiño (ou das Olas ), tomando o primeiro camiño á esquerda tras sobrepasar o cruce que se dirixe o lugar de Outeiro de Moreiras. Para chegar ata il débese atravesar o pinar sito ó fondo por un camiño que vai novamente cara á esquerrda, e que chega ata o reborde dunha afloración rochosa,-“a penela”, outro dos nomes polo que é coñecido-.
Un descenso en suave pendente polo camiño, levanos cara o muiño , dende o que se inicia unha notable extensión de lameiros, o que lle da o nome principal e máis antigo: “do Ribeiro”, denominación pola que é específicamente citado na cartografía.
É unha construcción de notables dimensións, que divide o cauce do río cunha poderosa obstrucción de grandes pedras, informes sempre, e ciclópeas en algúns casos, dispostas de forma piramidal e pranta curva hacia o río. O muiño, que é de pranta rectangular lixeiramente trapezoidal, ten dúas partes diferenciadas tanto na estructura como na cuberta: o corpo de entrada ó S., máis ancho, co espacio destinado ós sacos e sacas, necesario para o muiñeiro, área asimesmo de habitación –con dous armarios-alacenas na parede S.-; e dende o cubo iniciase o outro , no que están as moas.
O edificio está en bo estado xeral, tanto no que atinxe a ós muros coma ó tellado. Éste é a dúas augas ( E./O.) sobre o obrador da "molienda", e a unha no corpo de entrada, con caída hacia ó S. Cúbrese con tellas curvas sobre vigas e trabes de castiñeiro. Maior variedade ofrece o entorno, que é outro dos encantos deste muiño “do Cambeiro”: un camiño de acceso cun piñeiral ata o borde rocoso no que se encaixa o río, e que descende ó muiño con bidueiros, á dereita, e carballos á esquerda. Nas marxes da presa hai numerosos bidueiros.