O espacio xeográfico no que se asentan os muíños busca necesariamente a proximidade dun cauce de auga, río ou regato, cun certo nivel de caudal, por iso, en Pereiro de Aguiar, a maioría deles atopánse no río Loña, río que é necesario presentar.
O Loña é o máis importante afluente do río Miño na provincia de Ourense pola esquerda do seu cauce dende Os Peares –no linde entre ésta provincia e a de Lugo-, xuntase co Sil. Desemboca preto da capital, dando orixe ó pobo do seu nome na parroquia de Velle (Santa Marta), tras descender encaixoado dende o encoro de Castadón (ca. 250 m.), sito no extremo do Concello, en territorio de Pereiro de Aguiar (parroquia de Tibiás).Nace máis alá deste, no concello limítrofe de Nogueira de Ramuín, tramo que pode ser considerado como o alto. O Seu nacemento producese nas estribacións de Cabeza de Meda, ó pé do monte da Serra, no cumio atópase o santuario da Virgen do Monte (ca. 700 m. de altitude), descendendo ó entrar en Pereiro a cotas ó redor de 400 m., manténdose constantemente por debaixo de dita altitude, pola contra no embalse de Cachamuíña esta en torno a 350 m. Pereiro de Aguiar esta pois no seu curso medio. O río transcorre polas parroquias de Loña do Monte (San Salvador), Rubiacós (Santa María). En Pereiro de Aguiar entra por San Cibrán de Covas, e continúa por Santa Marta de Moreiras, San Salvador de Prexigueiró e Santa María de Lamela, para pasar finalmente pola de San Bernardo de Tibiás, onde conclue a súa traxectoria neste concello. O réxime deste curto río é pluvial preferentemente, puidendo ser, en menor medida, pluvio-nival.
Os edificios dos muíños teñen, xeralmente, unha estructura regular, cunha gran simplicidade de volumes. Así, se sitúan en paralelo co cauce do río, en desnivel hacial el co fin de que a auga que ven pola canle entre pola fachada (parte superior) e saia polo lado oposto (parte inferior), aínda que ás veces atópase en posición transversal. Ten por isto unha pranta rectangular, nos muros de maiores dimensións polo lado do cauce. O material de construcción é de pedra granítica de mampostería(“cachotería”), isto é, trozos de pedra sen labrar, irregulares, de dimensións medias, pedras trabadas sen axuda de morteiro, xeralmente, buscando o seu mellor asento. Para o enripiado énchense os buratos con pequenas pedras (“rachas”). Os “cachotes” maiores colócanse na parte exterior dos muros, traballados ás veces (“cachotería” concentrada) e os menores no interior. Nos ángulos dos edificios e sobre os distintos vanos (portas e fiestras), as pedras selecciónanse con especial coidado. No que atinxe á cuberta, soen facerse a dúas augas xeralmente. No interior, ten dous niveis, o superior ou “terminado” – nome que recibe asimesmo o chan no que cae a fariña-, e o inferior, chamado sartén ou “infierno”, no que está o mecanismo que move a moa debaixo do piso, que está aberta hacia o río.
A fin de dar a coñecer as características dos muiños e os valores que atesoura o río Loña nas súas inmediacións, seleccionamos cinco no elenco estudiado neste concello. Son os seguintes: muiño“do Faba”, ó comezo da amplia veiga de Boieros; o muíño “do Orentino”, na parte media e o muiño “da Penela/ do Cambeiro”, na parte final con variantes tipoloxícas. Así o primero inclúe unha casa adosada, baixo o mesmo teito, e unha grande ponte; paso sobre o río que no segundo é un sinuoso e estreito ponte de lousas con acceso polo desauge das moas, con notables solucións constructivas no muiño a partir da utilización de cantería; e no terceiro a casa é un anexo, en desnivel, con relevos na entrada. As súas grandes presas e longos canles definen nelas os espacios. O muiño “dos Gozos”, próximo ó lugar de A Derrasa e no sitio máis baixo da chaira, é o maior conxunto de moas, nas que entra a auga prácticamente dende a presa. A súa proximidade ó santuario dalle, ademáis, unha riqueza especial no aspecto documental. Finalmente o muiño “do pontillón”, en Cachamuíña, ubicado a continuación da presa e xa encaixonado, obra singular pola súa estructura e novedosa aplicación da forza da auga. Todos eles, e algún especialmente, é susceptible de ser declarado como “Ben Cultural”. Dende a súa análise, achegámonos a unha tecnoloxía hidráulica e de transformación cerealística, ante todo, pero ademáis a uns espacios fluviais, reveladores dun “modus vivendi” multisecular, achegado no tempo. En definitiva, a unhos espacios naturais marxinais nos que o home deixou un inmellorable exemplo de utilización do medio ambiente, aproveitando a orografía. A orde que seguiremos é a do curso natural do río.
Para información detallada de su localización click aquí.