 |
MUIÑO DO ORENTINO |
 |
| |
 |
| |
 |
 |
Denomínase este muiño, deste xeito debido onome do seu dono.E tamén coñecido polo de muiño “do Outeiro”, pois ubícase nas inmediacións do lugar deste nome, unha pequena elevación de terreo próxima neste paraxe de chaira. Atópase preto do lugar de Boeiros, o pobo máis ó N. da parroquia de Santa Marta de Moreiras. Dende a estrada local de Santa Marta ata Loñoá do Camiño (ou das olas), tras sobrepasar asaida do pobo de Boeiros, débese tomar unha pista a man esquerda, que é a que vai en dirección a Cebreiros, e ó chegar ó primeiro cruce,diriximonos a dereita, por un estreito camiño que nos leva o muiño. Dende Cebreiros, chegaban ata aquí para moer cruzando o monte de Rañoá. Aínda que debían cruzar o río polo paso do muiño.
|
 |
 |
Trátase dun muiño de pranta rectangular lixeiramente trapezoidal, paralelo ó cauce do río, coas fachadas maiores na dirección do curso solar, e entrada polo E.
Nas súas tres cuartas partes, está construido con mampostería concertada, composta con irregulares pezas máis ou menos prismáticas. A estructura do edificio atópase aún nun estado que pode calificarse de bo, se ben con matizacións, pois na parte máis próxima á entrada o tellado comeza a fenderse.
|
 |
 |
Ubicado nunha finca privada, o acceso ó muiño se prodúcese posiblemente polo extremo dela, ó lado do muro colateral. Paralelo o seu muro muro S. continúa, recto, no que parece un paso de carro hacia o outro lado do río. Pero é sen dúbida o paso pola súa singular ponte o que lle da a este muiño “do Outeiro” unhas características especiais no elenco que analizamos. Trátase dun largo paso (“pasal” ou “pasadoiro”) de rasante horizontal, en forma de “ese”, que se achega ó muiño polo lado NO. do Loña.Neste lado do río, os vecinos de Cebreiros cruzaban por esta ponte de pedra, con ciclópeos pilares por base que salvan actualmente o cauce en número de dous, nos que se apoian os tres tramos, lousas de considerable tamaño que, do lado de Cebreiros, continúan en curva con outros dous máis pequenos.
|
|
 |
 |
No seu entorno: unha paisaxe de bidueiros, principalmente, e de grandes fentos, que medran nas beiras e a os lados da ponte, nos que veñen a pousarse numerosas cabalos do demo. Sobre as súas lousas, no medio do río, e cuberto pola galería de follas das árbores ribeireñas, podese escoitar as voces da vida, mirando cara o muiño, coas ramas no remanso
|
 |
|