 |
MUÍÑO OS GOZOS |
 |
| |
 |
| |
 |
 |
Este muíño denomínase así polo topónimo do lugar onde se atopa, “Os Gozos” derivado da advocación da Virxen á que se da culto nas inmediacións. Por elo é coñecido tamén como muíño “da Ermida”.
Atópase ó S. da parroquia de Santa Marta de Moreiras,, no extremo dunha grande curva que describe o río Loña - case un meandro nesta zona de chaira -, que recibe dous afluentes pola esquerda, dos que o regato do Gruñal (tamén chamado dos Pensos ou de Esgos) é o que máis afecta ó muíño por unirse ó Loña antes de Os Gozos, provocando un gran ensanchamento nesta parte. O outro é o regato da Gaiola ( ou da Medorra), que desemboca uns metros máis abaixo. Este gran muíño coa presa, en cuia cabeza se asenta, forma con ela un conxunto singularísimo. Isto é debido á utilización da auga directamente, aproveitando un gran caudal que hai neste punto. E ademáis, polo feito de atoparnos ante varios molinos adosados e unidos, formando un todo continuo. Os muiños son propiedade actualmente de dous donos distintos, o Sr. Benjamín de Santa Baia e o Sr. Xosé de O Penedo.
|
 |
 |
Os muiños atópanse a poucos metros da estrada local que vai dende A Derrasa (N-120) hacia á ermita da Virxe, e no extremo do seu sucampomurado –en dirección ó “área recreativa” de Monterrey-, camiño real outrora. Dende aquí, debe collerse un estreito e curto camiño cara a dereita, que é o que se dirixe cara o río, onde se atopan os muíños. O seu estado parcialmente ruinoso permitenos apreciar, non obstante, a estructura que tiñan. Os edificios dos muiños atópanse asentados nun punto no que o cauce do río describe unha "ese “ . Sobre unha superficie rocosa, foron construidos perpendicularmente ó río. O conxunto atópase nun deficiente estado, tanto no que atinxe ós muros como ás cubertas.
|
 |
 |
O primero de ellos, dende o camino, é o que está mellor conservado, non obstante ó atoparse alterado, poi a propiedad subdividiuse interiormente, o que afectou así mesmo ó acceso, xa que co cambio de propiedade abriuse unha nova porta na parede S. O edificio ten unha pranta irregular poligonal, con tres grandes muros lixeiramente escadrados pola parte do acceso, na que é máis ancho e regular. O paramento pétreo é de mampostería concentrada, con pezas irregulares máis ou menos prismáticas de similar tamaño colocadas en ringleiras horizontais nas paredes S. (parte SE.) e E., mentras que na parte oposta (parede S., lado SO., e O.) o parametro realizouse con pedras máis pequenas, polo que as ringleiras apenas podese decir que existan. A continuación outros dous molinos, todos con paso polo lado E., sobre o canal do primeiro.
|
|
 |
 |
O terceiro ten a entrada en ángulo, sobre o cubo do muiño intermedio. A súa parede E., poderosísima sobresae aínda máis que a precedente, co que se produce así un escalonamento dende ela ata a do grande.
|
 |
 |
|
Por este lado, a escasos metros, atópase a presa, dende a que toman auga todos estes muíños. Obra de gran envergadura, é notabilísima tanto pola lonxitude que ten, como pola súa altura. Xa que o Loña acada neste punto unha das maiores anchuras de todo o seu curso –excepción feita dos encoros-, o que é debido ó aporte das augas do regato do Gruñal, contribuindo a presa.
Estos muíños, que sempre foron privados, deron servicio ás xentes dos pobos do entorno. Ante todo, A Derrasa ,núcleo poboacional con varias leiras para mallar centeo e trigo , e numerosos hórreos, dos que procedían os innumerables sacos de grao moido en “Os Gozos”. Tamén dende os de Pedraio , e O Penedo.
|
 |
|