 |
MUIÑO DO PONTILLON |
 |
| |
 |
| |
 |
 |
É o “muíño do potillón”, o máis moderno de todos cantos comprende este estudio do curso medio do río Loña e ,de todo o Municipio de Pereiro de Aguiar. Polas súas dimensións e estructura, ademáis do seu uso, novedoso e singular é , un exemplo piramidal e un paradigma e isto é debido a José Blanco Gil, pai do propietario D. José Blanco Pereira, quen o utilizou e preparou deixandoo no estado en que hoxe se atopa.
O nome polo que é coñecido recibeo por atoparse ó lado do “pontillón”, ponte de formigón construido no primeiro tercio do século XX.
O muíño atópase nas inmediacións da cabeceira do encoro de Cachamuíña, |
 |
 |
Accédese a él pola estrada xeral Ourense/ Ponferrada, dende as inmediacións do desvío hacia Vilar e Pereiro de Alén sobre a parede da presa, punto no que parte outro camiño en dirección oposta, hacia a esquerda, que se dirixe hacia o pontillón por forte pendente. Por aquí pasábase ó outro lado; ós pobos de Recobío, Pereiro de Alén e Pereiro, ademáis de Vilar, da parroquia de San Salvador de Prexigueiró, e dende Cachamuíña antes de facer o encoro. |
 |
 |
É
un muiño de grandes dimensións, que ten unha planta prácticamente trapezoidal, na que a parede máis pequena é a da fachada, atopándose as dúas maiores en disposición transversal ó cauce do río, o que é chamativo por singular. Isto non é "óbice" para o seu funcionamento pois a auga chegalle por unha canle paralela ó Loña. A súa realización é de mampostería irregular (cachotería) con rexuntando exterior e posterior encintado, con morteiro de cemento blanqueado con cal, a excepción da parede do río. Ésta é a parte de maior volume de edificación, cun muro de grandes dimensións para salvar o gran desnivel. Os dous tercios restantes da estructura do muiño están construidos con grandes pedras de cantería asentadas en ringleiras regulares.
A estructura da cuberta é case rectangular cunha armadura a catro augas, e tella curva do país sobre aleiro de madeira, que se prolonga polo SE. da fachada nun ancho porche, sobre dous pés dereitos de madeira de sección cilíndrica, utilizábase como resgardo dos animais que eran empregados na labor de transporte dos sacos de grao e fariña. A ambos lados da porta , nas xuntas, hai ferraduras nas que eran atados na labor de carga e descarga.
|
|
 |
 |
A auga chega ó muiño por unha longa canle que descorre paralelo ó río, polo E. É ancha pero pouco fonda, e está feito con mampostería unida con morteiro. |
 |
 |
|
Neste muiño moeu o Sr. Blanco Gil ata pouco antes do seu pasamento, a comezos de 1997. Por elo dispón aínda de “moega” e artesas. E tamén ten o sistema de producción de electricidade, que utilizou para uso propio noutra industria que tiña, ademáis da súa propia vivenda situada ó outro lado da estrada.
Sabedor do valor excepcional do exemplo para ensinanza, amosou en numerosas ocasións a grupos de estudiantes o funcionamiento de ambos inxenios técnicos. Pero coa súa presencia transmitía, asimesmo, algo impagable: a súa experiencia de vello muiñeiro e fillo de muiñeiro, oficio que xa o seu tataravó tamén tiña.
|
 |
|