CASA DA TORRE
 
 

Situada no pobo de San Salvador pertencente á parroquia de San Salvador de Prexigueiró, podemos acceder a esta casa a través da C-536 ( Ourense- A Rúa) .Ver Mapa
De construcción popular data dos séculos XVII-XVIII. O único que se conserva desta construcción sen reformar é a Torre, xa que o resto do conxunto foi considerablemente modificado.

Antiguamente o conxunto estaba unido por portas das que hoxe en día non se conserva ningunha, ó estar todas ellas tapiadas. Dende á cara Sur presenta tres corpos ou andares estando o superior adornado cun corredor de madeira. Na primeira planta da edificación sitúase unha boa solaina sobre espléndidos apoios.
O tellado está a catro augas e o conxunto é dunha certa complexidade con edificacións en plantas rectangulares con portas de entrada a un patio.