PAZO DE BOUZAS
 
 
Situado no pobo de Bouzas de Fondo pertencente á parroquia de Sta María de Melias, podemos acceder a este pazo a través da N-120 (Ourense-Ponferrada). Ver Mapa
O Pazo de Bouzas, máis coñecido como a Casa de Bouzas, foi construido no ano 1.758, sendo unha construcción Barroca.Érguese no medio dunha finca rodeado dun murallón no que actualmente so hai lameiros pero antiguamente foi un lugar de cultivo de vide.
O edificio principal presenta planta en “U” a causa dunhas cruxías máis estreitas que outras que foron engadidas na época moderna. No medio sitúase o patio de forma rectangular.
No lado Leste, péchase o patio cun muro que fai de fachada cun solemne portalón de entrada. No lado Norte e Oeste están as dúas antiguas cruxías. Ó lado Sur seguramente debeu ter unha dependencia de servizos ou un muro.
O edificio é de sillería na fachada exterior, e en algunhas zonas da fachada que dan ó patio, mentras que é de grandes irregulares mapostos nas outras fachadas e partes inferiores. A cuberta é a dúas augas en todo o edificio.
O patio está percorrido por unha solaina que presenta a peculiaridade de ter cada ala distinto nivel. A correspondiente á cruxía Norte (á que se accede por una estreita escaleira de pedra con patín cercado ata a altura dun metro) ten a repisa de pedra sostida por fermosos asentos. Tamén o patín conserva dúas columnas de pedra pseudodóricas que apoian as súas bases no baixo muro que lle sirve de balaustre e sostén o tellado. O resto deste balcon,
tamén debeu ter columnas pseudodóricas de pedra para soster o tellado. A segunda solaina correspondente á cruxía Oeste está ó nivel máis baixo. Ten acceso dende o patio por unha escaleira bastante ancha con barandilla maciza de sillería, que despois de acceder á solaina, continúa facendo un ángulo de 90º ata a solaina superior, establecendo así comunicación entre elas.
Sen dúbida, o maior empaque púxose na fachada Leste, é dicir,no muro e no portalón que da acceso á casa. O muro está fabricado en sillares ben encuadrados, e remata na súa parte superior nunha cornisa de moldura dobre ornamentada con pináculos piramidais rematados en bola e unha peana, hoxe vacía que debeu de ter nos seus tempos cruz ou santo.
O Portalón está adintelado e sobre él os sillares do muro foron colocados formando unha especie de tímpano, a parte central está ocupada polo escudo. Outro escudo exactamente igual a éste, atópase á altura das fiestras do piso superior na fachada Oeste.
O edificio complétase cunha fermosa chimenea de corte transversal trapezoidal, que corresponde á cociña, e remata en cornisa, friso liso e cinco remates de pirámide en bola o do centro máis grande con veleta de ferro.
A pouca distancia da casa atópase a capela, de planta rectangular e teito de dobre vertiente de corte neoclásico. Ante a igrexa atópase a día de hoxe, unha columna con capitel Dórico.
Na finca a maior distancia, atópase o palomar circular e o hórreo.
A Adega situada en el nivel máis alto, data de 1836. Construida con muros de sillares de bo tamaño e en rocha viva. O teito é de medio canón de nove metros de luz e catro de altura. Exteriormente, a fachada da adega é de sillería con zona de pilares de perfis angulares que permiten a ventilación. Na puerta adintelada hai un grabado que nos di a data de construcción.